1 Febreiro - Teatro N+1


Compañia:

Escola de Teatro, "N+1", (Ferrol)



Obra:

"O día que voou Renata"

Autor: Federico del Barrio.

Direccion: Fusa Guillen.


Reparto:
RENATA: Eva Maneiros
MAIO: Helga Méndez
DIMITRI: Paco
.

Sinopse:
“O día que voou Renata” é unha xoguetona peza para nenos do autor Federico del Barrio.
Dúas amigas, Renata e Maio, entran no almacén do misterioso Míster Flop. As rapazas toparán coa aventura de descubrir a verdadeira personalidade do intrigante personaxe, para o que solicitarán a axuda dos nenos. Unha peza que fala das luces e das sombras, da ciencia e da maxia, da cabeza e do corazón, do xogo, e da capacidade de voar coa imaxinación...cadaquén á súa maneira.



25 Xaneiro - Teatro Candelexas


Compañia:

"Candelexas", (Noia)

Obra:

"Mellor ser can, que vivir como un can"


Autor: Victor Vez

Direccion: Victor Vez
.
Reparto:
Puri Fernández;
Rubén Cobas;
Fina Cobas;
Puri Vez;
Antía A. Vez;
Iago A. Vez;
Víctor Vez

Sinopse:
Ramiro, un funcionario dunha gran empresa está farto do seu traballo, da sociedade, da publicidade, en definitiva da vida que leva e toma unha decisión: SER un can.
Camiña a catro patas, so se alimenta de penso para cans, e mesmo esixe a súa familia que o saquen ó parque, prendido por un arnés e mexar nos farois.....
O caso é que tan sorprendente decisión acada mais proxección do que a primeira vista parecía,.T é a repercusión mediática da súa “nova vida” que crea unha especie de “relixión”, xorden milleiros de seguidores o que xera a preocupación de diferentes personaxes que acoden ó domicilio de Ramiro para convencelo de que depoña súa actitude. O Xefe da súa empresa, o cura da parroquia, Sociedade protectora de animais, mesmo o asunto chega a preocupar ó goberno, que envía un ministro, e ate o tribunal de Estrasburgo. Pero todo é inútil: Ramiro PREFIRE SER CAN A TER QUE VIVIR COMO UN CAN.....

18 Xaneiro - Crucia Teatro



. Compañia:

"Crucia Teatro", (Sta. Icia - Ferrol)


. Obra:

"Paralizados"


Autor: Elena Vazquez Porto


Direccion: Loli Porto

.

Reparto:

Ana Pico....................Dona Eusebia
Jose Gomez......................Octavio
Conchi Cao......Señora de las Heras
Anuska Gonzalez..................Pilocha
Carlos Velon.....Evaristo o mordomo
Carlos Gomez..........Doutor Pascual
Jose Carrodeguas...............Notario
Jose Lage.......................Panadeiro


Sinopse:

A trama reúne a tres sobriños que xunto con un mordomo cobizoso e un doutor de dubidosas tendencias no arte amatorio confabúlanse para facerse coa fortuna da súa tía ricachona.

11 Xaneiro - Escola Teatro "Airiños"





. Compañia:
.

Escola Teatro "Airiños" (Rianxo)

.

. Obra:

"A Retirada de Napoleon"

.

Autor: Xavier Prado "Lameiro"
.
Direccion: Xesus Santos

.

Reparto:


CASILDA, FILLA DO ALCALDE ........................ ENCARNA ROMAY
CARMELA, MOZA DO LUGAR ..................................ADELINA CES
ROSALIA, MOZA DO LUGAR ......................... LUPE MAZARlEGOS
DEPUTADO JIMENEZ.... .......................................XESUS SANTOS
ALCALDE DO POBO ....................................XOSE Mª. RODRIGUEZ
SECRETARIO DO CONCELLO. ................................. XOSE OTERO
VALENTE, NOIVO DE CASILDA ............................... XIAN IGLESIAS
ELDUARDO, HOME DECIDIDO. ............................. PEPE COLLAZO
MANUEL, VECIÑO INFLUINTE.... ............................ ANTON CASTRO
MARCELO VECIÑO INFLUINTE................................. . SEGIS ZUÑIGA
CHOFER DO DEPUTADO ................................. BAUITISTA ROMERO
GAITEIRO. .............................................................. XOSE ROMERO
PANDERETEIRA ................................................MARUXA MIGUENS
VECIÑOS CANTAREIROS.. ....... ANXELA SILVA, JUANJO RODRIGUEZ, SUSO RAÑÓ


"A RETIRADA RE NAPOLEON"
Comedia coa que se estrenou "AIRIÑOS" en 1933, e que volve ao escenario 75 anos despois, interpretada neste ano 2008 por actores que son netos e bisnetos daqueles animosos menbros do Centro Galeguista da Localidade.


Sinopse:
Nesta obra manifestase con desenvoltura, non exenta de picardia, a alarna colectiva dun pobo que, cansado de promesas incumplidas polos politicos foraneos, non esta disposto a ser engaiolado por un deputado andaluz que lle ofrece montes e moreas para lograr o voto.





DAE - 0809 - 2a. Parte


Comeza a 2ª parte do IX ciclo de Teatro Aficionado, Ferrol

"DOMINGOS A ESCENA"

Os grupos que representarán as suas obras para o proximo ciclo, todolos Domingos as Sete da Tarde, no Centro Civico de Caranza son as seguintes: