6 Outubro - EMT de Vigo



O proximo domingo 6 de Outubro o grupo de teatro da "Escola Municipal de Teatro" de Vigo, representa a obra "O rapto da bibliotecaria", en Caranza dentro do Ciclo de Teatro Aficcionado DAE XIV.
Un espectáculo destinado a público familiar, que pretende fomentar o hábito de lectura entre os nenos e nenas, no que se narra a historia da señora Liboreiro, a bibliotecaria dunha pequena cidade, secuestrada por un grupo de bandidos, que pretenden conseguir un cuantioso rescate por parte do concello, pero veranse sorprendidos por un inimigo: O SARAMPELO.....

29 Setembro - A Fiestra Teatro


Sinopse:
No hay ladrón que por bien no venga es una comedia de enredos que muestra como de una situación que pareciera ser tan pequeña e insignificante, se levanta toda una arquitectura escénica, que no solamente señala la hipocresía del ser humano sino que, al mismo tiempo, se ríe de él y logra que el espectador se burle de la falsedad de la sociedad en la que se desenvuelve.

22 Setembro - Tiatreros Teatro


O próximo domingo 22 de Setembro o grupo de teatro “Tiatreros Teatro” de Vigo representa a obra “Hamster”, un texto de Santiago Cortegoso, dentro do ciclo DAE XIV de Ferrol.
Sinopse:
Unha parella de hámsters, que estando na súa gaiola, móstrannos múltiples situacións actuais.
A través deles, sempre xogando cun ton cómico, atopamos unha crítica a diversos temas da condición humana. Farannos sentir ledicia, tenrura e mesmo desprezo, a diversión e está asegurada.

15 Setembro - Teatro Marañao


Cartel da proxima representacion en Domingos a escena o proximo domingo 15 de Setembro

Comezo DAE XIV

   Ola a todos.
   Despois do parón de varios meses e, para non entorpecer a labor dos organizadores do XIII  ciclo de teatro afeccionado de “Domingos a Escena”,  volvemos a publicar de novo, na mesma liña que viñamos facendo nos ciclos anteriores.
   Aquí atoparedes a información e noticias que se relacionen co teatro afeccionado en Ferrolterra, DAE, é demais noticias teatrais.