Domingos a Escena 2012

Carta aberta de Francisco Piñeiro González, escritor, director e actor do Grupo de Teatro “O Bordelo”  de Cervo-Lugo

DENOMINACIÓN DE ORIXE: Domingos a  Escena
                                                                                            Caranza, Ferrol.
                                                                                            
        Nos tempos que corren,  moito é de agradecer que aínda existan e resistan esforzados teatrocultores  dispostos a  dedicar, de forma altruísta e desinteresada, incontables horas das súas vidas  á crianza,  conservación  e  divulgación  do único licor artístico capaz de transformar  a cruda  realidade  da vida cotiá noutra virtual   máis xusta, agradable e levadeira con só percibir o arrecendo do seu espírito, chamado teatro.
       Entenderá  ó lector  que a adquisición  de   tal capacidade de diferenciación  sensorial  supón un grande  sacrificio e aprendizaxe  pois incluso D. Álvaro Cunqueiro,  famoso  dramaturgo e  catador  de pócimas e  beberaxes,   advirtía que habendo dúas mazás , unha  real e outra imaxinaria, a dificultade non  estaba en distinguilas senón en saber cal das dúas desprendía mellor aroma.
        O teatro é planta celmosa que medra por entre os sentires da xente. Existen tantas  especies  diferentes como procederes  pero sen dúbida a  Oportuna ocasionalis ,coñecida vulgarmente como herba do arrime ou falsa querencia, posúe tal adaptación ás conveniencias  que de non haber quen a desmeste  podería chegar a ser endémica. Pola contra  a  Estima incondicionalis, moito máis escasa e delicada  nace vestida de  verde  esperanza , enraíza e medra  bebendo púcaros de morna amizade, ambrosía dos amigos sinceiros que falan con feitos, calando as palabras.
               A pesares da miña  dilatada experiencia de máis de vinte anos semeando e cultivando  teatro direilles, en confianza,  o  abraiado    que quedei  ó descubrír  o meritorio santuario teatral de Caranza onde  o público : nenos, mozos e vellos,  acadou a habelencia e sabedoría  de saber aprezar e distinguir  os  aromas  da Estima incondiconalis , herba  verdadeira e soñadora  da que se alimentou dende sempre ó teatro verdadeiro  e a entrecoller aquelas herbas enguedellentas que lle son perxudiciais Créanme; todo canto lles conto é certo.  Quen llo dixera a Cunqueiro!
       Nos adentros do Centro Cívico de Caranza, en Ferrol, levan doce anos, en silenzo e con paciencia, apoiando o esforzo dos teatreiros da maior parte de  Galicia para que non decaian nin abandoen o cultivo  das súas propias cepas escénicas, mananciais autóctonos das expresións e sentires da alma dos pobos. Sen desmaio, ano tras ano, desde a caída das follas ata o sorriso das flores, tódolos domingos ás sete da tarde, tal fose un ritual relixioso, o prior Yuyi Bastida arroupado dos seus incondicionais acólitos  invocan e convocan ó público de Ferrolterra que  armado de calurosos  aplausos acode presto e disposto a escorrentar calquera praga ou ameaza enviadas pola historia  para apedrar o   celmoso froito ofrecido sobor das táboas do escenario.
        Ano tras ano, destilaron pinga a pinga , sen desmaio, o prestixio do teatro afeccionado,  acadaron o respecto das distintas administracións que no transcorrer dos tempos  apostaron e  apoiaron   ó certame teatral , conseguiron a admiración dos grupos participantes, razóns  máis que suficientes  para  que o evento perdure nos vindeiros tempos  , sen discusións nin miramentos. 
     Na confianza  de que tal desexo sexa certo, dende A Mariña luguesa, norde  da  terra galega , este humilde amante do teatro ,  brinda cun  aroma Caranza  de  doce anos  ó tempo que  pide  para os Domingos a escena unha sentida homenaxe  no que o teatro afeccionado  lle outorgue e  conceda a   ben merecida denominación de orixe.
  
                                       Francisco Piñeiro González.

Clasificacion Premio do Publico DAE XII

Posición final dos Grupos de Teatro participantes no XII Ciclo de Teatro Afeccionado,
 "Domingos a Escena" 2011-2012
Concello de Ferrol, Abril 2012

IV Premio do Publico (Diario de Ferrol)

Recorte de prensa do Diario de Ferrol, despois de dar a coñecer o nome do grupo gañador do "IV Premio do Publico" do XII Ciclo de Teatro Aficionado, "Domingos a Escena", que patrocina o Concello de Ferrol, e organiza "Max Teatro".

Premio do Publico DAE XII




REMATOU O XII CICLO DE "DOMINGOS A ESCENA" 2011-2012 (DAE XII)Co anuncio da obra gañadora do PREMIO DO PÚBLICO rematou o XII Ciclo "Domingos a Escena" 2011-2012.
A obra gañadora foi: "ROSENDA, UNHA CRIADA INDECENTE" que representou o Grupo de Teatro A POMBIÑA de Pedroso, o 19 de Febreiro de 2012.
Cabe salientar que este grupo conseguiu o premio por 3º. ano consecutivo.
* A representación da obra gañadora, no Teatro Jofre, será o Domingo 13 de Maio as 19:00h.
Neste XII Ciclo presentaron as súas obras, un total de 26 Grupos de Teatro Afeccionado:
8 de FERROL
Gº. de Tº. OQUETIQUEIRAS, CRUCÍA Teatro de Santa Icía, Gº. De Tº. O MAXOLO de Covas, BARTOLETA Teatro, TREMOIA Teatro, PANDEMIA Teatro da Área Sanitaria, TI E MAIS EU Teatro e Teatro AD LÍBITUM
7 do RESTO DE FERROLTERRA
Gº. de Tº. A POMBIÑA de Pedroso (Narón), AGARIMO Teatro de Sillobre (Fene), ARRUALLO Teatro de Miño, XÁBREGA Teatro de Ares, DEVANCEIRO Teatro de Narón, O ATURUXO DE MELPÓMENE de Narón, VALVERDE Teatro de Cedeira,
7 do RESTO DA PROVINCIA DE CORUÑA
Teatro CANDELEXAS de Noia, SAL-MONELA Teatro de Coruña, BRADOMÍN Teatro de Camariñas, Teatro ARTESÁN de Sada, NNC Teatro de Santiago de Compostela, Gº. De Tº. AIRIÑOS de Rianxo, UT-TÓPICO Teatro de Santiago de Compostela,
3 da PROVINCIA DE LUGO
Teatro O BORDELO de Cervo (Lugo), NOVAESCENA Teatro de Lugo, METÁTESE Teatro de Palas de Rei,
1 da PROVINCIA DE OURENSE
GARGALLADA Teatro de Ourense,


** O número total de espectadores foi de: 5460
*** A media de espectadores por función foi de 219,2.

15 Abril – Teatro Ad Libitum


DATA.-Domingo 15, Abril 2012
HORA:19:00 h.
OBRA: "Vaia tropa!"
XENERO:Comedia
AUTOR: Adaptación da obra de Hugo Daniel
DIRECCIÓN:Yuyi Bastida
DURACION: 60 min.
GRUPO: "Teatro Ad Libitum" ,   (Ferrol)
Reparto:
Bárbara.....Anuska González
Daniel….Carlos Gomez
Engracia….Maria
Consuelo.....Fany Salido
Isabel....Loli Porto
Vecina….Lucia
Equipo Técnico:
Técnico iluminación e son: Emilio
Deseño gráfico: Carlos Gomez
Escenografía: Max Teatro
Maquillaxe: Loli e fany
Atrezzo: Anuska
Tremoia: Fran "Bolu"
Sinopse:
Un matrimonio feliz ve perigar a súa convivencia polas malvadas estratexias das súas nais que queren separalos, pois consideran que a diferenza de idade na parella, pode ser un seguro fracaso matrimonial.
Comedia, que reflexa un conflito de parella causado por dúas nais (sogras) intolerantes, e unha terceira nai xurdida como consecuencia do transplante dun órgano vital pertencente a su fillo falecido.

8 Abril – Crucia Teatro



DATA.-Domingo 8, Abril 2012HORA:19:00 h.
OBRA: "Os profesionais"
XENERO:Comedia
AUTOR: Adaptación da obra de Joan Rosquellas
DIRECCIÓN:Crucia Teatro
DURACION: 60 min.
GRUPO:  "Crucia Teatro" (Ferrol)

Reparto:
Cristina - Anuska González
Pedro - Carlos Velón
Asasino - Jose Gómez
Xaime - Carlos Gómez
Asasina - Juani Rodríguez
Sogra - Ana Pico
Neves - Begoña Velón
Roque - Jose Lage
Policia - Jose Carrodeguas

Sinopse:
Pedro , electricista "profesional " , vai traballar a unha casa onde se ve envolto nunha perigosa trama.