Domingo 19 de Maio
As sete da tarde Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).
(Entrada de balde)

Grupo: “Max Teatro”, (Ferrol)
Obra: “Rutinas"
Xenero: Comedia
Para tódolos públicos
Duración aprox.: 60 min.


Sinopse:
A vida dun matrimonio xira a voltas con as rutinas, e a pesar de todo conseguen chegar a velliños.
"Pasámonos a vida queixándonos da rutina, e votámola de menos cando todo nos patina". 

Reparto:

Carmen ..... Anuska González
Manuel ..... Yuyi Bastida
Escrita por Betty Couce
Dirección: Yuyi Bastida


12 Maio - Crucía Teatro

Domingo 12 de Maio
As sete da tarde Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).
(Entrada de balde)

Grupo: “Crucía Teatro”, (Sta. Icía-Ferrol)
Obra: “Os lios do taxista"
Xenero: Comedia
Para tódolos públicos
Duración aprox.: 60 min.


Sinopse:
O noso protagonista, taxista de profesión, é un aparente feliz home casado cunha vida tranquila e en certo xeito monótona. Nada máis lonxe da realidade. Está casado con dúas mulleres e vivindo con cada unha nun barrio diferente. Iso obrígalle a levar unha planificación de horarios moi estrita e facer verdadeiros xogos de malabares para poder contentar a ambas. Realmente está namorado das dúas e non desexa perder a ningunha delas. Todo o seu plan desvanécese cando acaba por accidente no hospital e o seu nome aparece por partida dobre na comisaría de cada distrito. Serán dúas persoas co mesmo nome ou unha mesma persoa cunha dobre vida? Iso é o que tratará de descubrir a policía... e el tentará esconder por todos os medios. Para iso contará coa inestimable axuda dun veciño moi ‘incómodo’...

Reparto: 
MARÍA .......... Anuska González
BARBARA ................... Ana Pico
SARXENTO .......... José Gómez
MANUEL .............. Carlos Velón
XURXO ...... Pepe Carrodeguas
PERIODISTA ........... Pepe Laxe 
Dirección: Yuyi Bastida