Dende Domingos a Escena Felices Festas e prospero ano.
O noso amigo Francisco Piñeiro (actor e director de "O Bordelo Teatro"), escribeu:
Nadal. Lume de inxenuo que nunca se apaga; Vestido de burbullas garatuxeiras. Tendedoiro de falsas estrelas. Lembranza dos idos que non quentan a cama Palabra fermosa que envolve a esperanza
Unha familia moi peculiar buscando cartos como sexa para solucionar os seus problemas. A señora, dominante, impoñendo a súa vontade ata para casar a filla. O marido, un encollido que non corta nin pincha…, e unha cuñada beatona que cre nos milagres. E cando o milagre "chega", crea unha situación embarazosa que se resolve da forma máis inesperada.