27 Maio - Max Teatro


Domingo 27 de Maio
As sete da tarde
Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).
 


Sinopse:
Na vida dun matrimonio, unha simple chispa pode causar un gran incendio, entón aparece a marabilla da ciencia, os extintores.
Comedia, basada nun texto de Raimundo Francés, traducida e adaptada por Max Teatro.
Reparto: 

Ana.....Anuska Gonzalez
Suso…........Yuyi Bastida



20 Maio - Axóuxere Teatro

Domingo 20 deMaio
As sete da tarde
Centro Civico de Caranza, (Ferrol).

 
AXÓUXERE TEATRO (de Oleiros) presenta:
A TÚA TENRURA, MOLOTOV
De Gustavo Ott

 Sinopse: Unha parella nova. Triunfadores. El, avogado. Ela, presentadora do telexornal. Queren ter fillos. De feito, o están intentando cando de súpeto reciben unha caixa enviada polo FBI con data de… hai doce anos!! O que a caixa contén, cambiará as súas vidas para sempre… ou non.

Personaxe - Intérprete
Victoria - Nanda Tasende.
Daniel – Alejandro Albaiceta

 Dirección: Alejandro Albaiceta.

13 Maio - Novaescena Teatro

Domingo 13 deMaio
As sete da tarde
Centro Civico de Caranza, (Ferrol).

 
 
“Pensión 13”  de Xoán C. Laxe.
“Pensión 13”  é unha comedia negra onde as biografías dos protagonistas van tecendo unha reflexión sobre as motivacións daquelas persoas invisíbeis ás que adoitamos chamar marxinados.  
O autor basea os diversos monólogos en situacións reais, abrindo un espazo a reflexión sobre un grande  número de realidades sociais actuais.
 
 SINOPSE:
Unha pensión barata é o crisol onde se fusionan as peculiaridades dunha decena de persoas xunguidas pola súa soidade. Entre eles: un enorme baleiro que ás veces é enganado pola ilusión de compartir un prato de comida e un teito. 
 
Ficha artística:
Hugo Álvarez: Mbo;
André Castelos: Narciso;
Marcos Codesal: Paca de San Roque;
Chelo Trinidad: Dona Concha;
Encarnación Vázquez: Dona Odila;
Elena García: Luz;
María Márquez/María Botana: Marisol;
Rocío Polín: Magdalena;
Pilar Estar: Kyrill Pavlovich;
Randy Montero: Reberto.

6 Maio - Donas de Amistad

Domingo 6 deMaio
As sete da tarde
Centro Civico de Caranza, (Ferrol).

 SINOPSE:
Un grupo de mulleres maduras coinciden nun hotel da costa levantina.
Todas son moi distintas, todas teñen un percorrido de vida diferente, pero todas cun obxectivo común: divertirse e gozar dunha ben merecida idade xubilosa.
Porque parafraseando a Saramago:
Teñen a idade que queren e senten.
Poden dicir o que pensan.
Fan o que desexan sen medo ao fracaso ou ao descoñecido.
Teñen a experiencia dos anos vividos.
Que importa a idade que teñ.
Dirección Colectiva.