17 Febreiro - Teatro A Adala

Domingo 17 de Febreiro
As sete da tarde
Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).
(Entrada de balde) 


 
Grupo de teatro: “A Adala”, (Fazouro-Lugo)

Obra: “Elixir de Xuventude”

Para tódolos públicos 

Sinopse:
       É unha obra  cómica. Esta obra trata sobre a vida nun convento onde  chega unha novicia con gañas de modernizar a tenda  que hai  no mesmo convento, novos productos, Novas recetas.... pero dentro de tanta innovación  entra no convento un ingrediente especial  que revoluciona os efectos do elexir de xuventude , as ventas e a vida no convento . .? Terá cavida tanta novidade oí haberá  que volver a receta do elixir tradicional ?. 

Reparto:
Luisa Oroza: Sor Prudencia
Ana Couto: Sara
Juan Couto: Ricardo
Jorge Manchado: Madre superiora
María José Fernández: Dona Victoria
Javier Fernandez: Comisario Ramírez
Ramón Ares: Antonio e Traficante
Toñi García: Sor Lucia
Dirección: Toñi García e Ana Couto



10 Febreiro - Teatro Os Baluros

Domingo 10 de Febreiro
As sete da tarde
Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).
(Entrada de balde)
 
  
Grupo: "Os Baluros Teatro", (Castro de Rei-Lugo)
Obra: "O Menciñeiro á Forza"
A obra e apropiada para público de calquera idade, ten unha duración duns cen minutos e está dividida en tres lances.

Sinopse:
       O podente labrego Don Julián do mesón de Lea, envía a dous dos seus criados na procura dun afamado manciñeiro, para a súa filla doente que perdeu a fala. Marta convénceos de que o tal menciñeiro  é o seu marido, Nicasio, aínda que non quere recoñecelo, conseguindo así que o apaleen e o leven canda eles, que era o que pretendía como castigo e amolecemento para que se dobregue os seus caprichos… A finxida enfermidade e perda da fala, trátabase dun "mal de amores" que se resolve  coa chegada do galán, as boas artes de Nicasio e a aceptación de Don Julián.
 
Reparto:
Julio Canto coma Nicasio
Araceli Galán coma Marta
José Antonio López coma Lucas
Antonio Carballés coma Valeriano
María José Carballés coma Filomena
Donvina Naval coma Xacoba
Secundino Rodríguez comaDon Julián
Amadita Yebra coma Engracita
Ignacio Rodríguez coma Leandro.

Dirección:
Samarita Canto