Domingo 13 Xaneiro, SAL-MONELA TEATRO


OBRA.- LA CENA DE LOS IDIOTAS

AUTOR.- Francis Veber

DIRECTOR.- David Gandoy Roel

GRUPO.- Sal-Monela (A Coruña).

Sinopse: Isabel Sanjurjo se reúne cada miércoles con sus amigas en una cena, en la cual se disputan el honor de ser la que lleve el invitado más idiota. En esta ocasión ha seleccionado a Francisco Piñón, un funcionario de Hacienda obsesionado con la construcción de esculturas con cerillas, pero cuando se esta duchando sufre un repentino ataque de lumbago que le obliga a posponer la cena. Desconociendo dicha circunstancia su invitado se presenta en su casa y ocurre el desastre: en un momento consigue, sin desearlo, que Isabel sea abandonada por su marido, por su amante, por su médico y que además sufra una severa inspección de Hacienda.
Se trata de una adaptación de una obra teatral francesa estrenada en 1993, de la que se ha realizado ya su versión cinematográfica y que en España fue representada con gran éxito por Pepón Nieto.



1 comentario:

Anónimo dixo...

Sal-monela Teatro: UN GRUPO DE TEATRO AFECCIONADO CON AFECCIÓN AO TEATRO


O pasado Domingo, día 13, comezou a Segunda Parte do VIII Ciclo “Domingos a Escena, Temporada 2007-2008”, que dende hai anos se ven celebrando no Centro Cívico de Caranza cun éxito de público que xa nos gostaría que outros recintos culturais o tiveran.

E para inaugurar esta segunda parte, os organizadores, a Asociación “Max Teatro”, non podía elexir mellor obra que “La cena de los idiotas” de Francis Veber e montada por “Sal-monela Teatro” da Coruña. Claro que, os de Max Teatro, non arriscaron moito pois este Gº. de Teatro afeccionado, nas actuacións anteriores, dentro deste Ciclo, xa desmostraran a súa categoría teatral.

Co espectáculo que nos presentaron: unha comedia de enredo, perfectamente construida, unha escenografía, sin grandes alardes, debido ás limitacións económicas que ten que padecer o teatro afeccionado, pero sí moi ben resolta, e sobre todo unha interpretación e dirección mágnificas, podemos dicir aquelo de que Sal-monela Teatro é un “Grupo de Teatro Afeccionado con moita afección ao Teatro” e que cumpre con aquela acepción da palabra Aficionado que dá o Diccionario da RAE “Que cultiva o practica, sin ser profesional, un arte, oficio, ciencia, deporte” ao que habería que engadirlle “e sin que por elo, o resultado, sexa de inferior calidade”.

Pola programación que, para esta segunda parte dos Domingos a Escena 2007-2008, preparou Max Teatro e na que atoparemos Grupos de Teatro de todas as provincias galegas, excepto Ourense, parece que, este bo inicio non vai quedar como algo aillado pois entre eses grupos atoparemos, entre outros, ao recente gañador do Certamen “Galicia Crea 2007”, o grupo “¿Non si? Teatro” de Baiona, coa obra PIC NIK.

Coa continuidade e amplitude que está a ter este ciclo, patrocinado polo Padroado Municipal da Música e as Artes Escénicas do Concello de Ferrol e a Deputación da Coruña, efectivamente pódese afirmar que os “Domingos a Escena” de Ferrol é o Ciclo de Teatro máis importante de Galicia.


Asdo./ Don Reinaldo