Domingo 20 Xaneiro, Teatro "Candelexas"




OBRA.- ¡Non!, non somos nin Romeo nin Julieta
DIRECTOR.- Victor Vez Vilar
GRUPO.- Candelexas (Noia).
Duración.- 70 min.


Sinopse: Montse, unha directora escénica vese na obriga de sacar adiante, por encargo dun poderoso produtor teatral, “a costa do que sexa” unha representación do célebre drama, aproveitando o tirón mediático de dous famosos actores: Paola Rivas e Rudy de la Vega
A pésima relación persoal que manteñen entre si os dous protagonistas, dificulta o traballo da directora.
Despois de moitos intentos, de moita paciencia, e de moitos nervios, a directora nin sequera consegue levar a bo termino un mínimo ensaio da famosa escena do balcón do drama Shakespeariano
A situación volvese mais insostible cando, Nuria filla de Rudy, comunícalle ó seu pai unha “terrible” noticia que ó cabo faino recapacitar sobre a “disipada” vida que leva.
Pola súa banda a actriz tenta desbancar ó seu compañeiro por medio dun xovencísimo actor, Antón Losada
A filla do director e o amigo de Paola, parecen mais adecuados ó perfil dos personaxes, pero, ela no é actriz e el un “simple” afeccionado.........
O mundo do teatro visto dende dentro. O “divismo” de certos actores.
A paciencia dos directores para soportar estas situacións.
Aquilo de que “calquera pode converterse en actor”.
Un mundo cheo de convencionalismos e hipocrisía, por certo, non “exclusivo” do mundo da farándula
Todos estes elementos conforman esta comedia, divertida, pero ó mesmo tempo cargada de ironía e crítica social.

1 comentario:

José María Cebrián Muñoz dixo...

Mia que suis tapueblo. En cuala fabla charrais. No estarba millor no chartir que charra d´ixas trazas.
Ala pues