Domingo 2 Marzo, "Andaravía Teatro", (Vedra)



Compañía: "Andaravia Teatro". (Vedra).

Obra: “Metus Extremus”.

Autor: Andaravia Teatro e Xoán Curiel.

Dirección: Xoán Curiel.

Reparto:
Sonia Balado / Ines Bouzón / María Gaiteiro / Breogán Gomez / Sara González / Fina Guitian / Laura Iglesias / Eliana Martíns / María Munin / Patricia Rey / Hixinio Rodeiro / Alfonso Romeo / Antonio V. Turnes / Antón Vázquez.

Equipo Técnico, Luz e son: Alfredo Brocos e David Rey.

Duración: 60 minutos.
.
(Non recomendada para menores de 13 anos).
.
Poderiamos falar do medo como proceso fisioloxico, psicoloxico ou mesmo bioquimico.
Pero non estamos aquí para que entendas, senón para que sintas o medo.
E terror, anguria, pavor, espanto, horror, panico... traemos de todos os tipos.
Temores clasicos e universais, modernos, contemporáneos, do país ou importados, intimos ou colectivos.
Se estás disposto a padecer esa sensación gozosa do medo, que nos iguala como seres humanos, que nos desasosega pero que inevitablemente nos atrae, agarrate a esa butaca.
Si pola contra pertences a esa caste de cobardes que non son quen de desafiar a Santa Compaña cara a cara, xa estás tardando en fuxir por esa porta.
Acepta o desafío e preparate para experimentar unha sesión de:
“Metus Extremus”



3 comentarios:

DAE dixo...

ANDARAVIA TEATRO :: ASOCIACIÓN CULTURAL PAPAVENTOS

DIRECCIÓN E PERSOA DE CONTACTO:

Andaravía Teatro - Rua da Boca s/n - 15885 Vedra (A Coruña) - ac_papaventos@yahoo.es - Eliana: 686994089

HISTORIAL DE ANDARAVIA TEATRO:

Andaravía Teatro é un grupo de teatro que está integrado na Asociación Cultural Papaventos (Vedra, A Coruña), que data do 7 de novembro de 1988. Unha das súas actividades fundamentais foi dende sempre o teatro, estreándose con A lenda de Xan Bonome, ou coa popular peza O mozo que chegou de lonxe. No 1992 quedou de finalista no Certame de Teatro Afeccionado da Xunta con O achado do Castro. En 1994, despois de sacar Os cravos de prata, esta agrupación foi abandonada.

No Nadal do ano 2002, un grupo de mozos e mozas que participábamos na Aula de teatro do concello de Vedra, decidimos retomala e voltar a facer teatro, para o que contamos para iso coa colaboración de Pepe Penabade (actor, Volta e Dálle Teatro), profesor da Aula, quen nos axudaba e dirixía nas nosas creacións. Así, ese ano estreamos o Nadal Imprevisto, unha peza propia, onde se trataba en varios esquetches unhas festas de Nadal truncadas polo naufraxo do Prestige. Alí contamos coa colaboración de Nazaret López (xornalista), de Kukas (titiriteiro), de Lucho Penabade (Os Quinquilláns) entre outros.

Ao mesmo tempo, e tamén de creación propia, sacamos Directamente nós, unha obra estreada o 19 de maio do 2002 pola Aula como proxecto da fin do curso, onde desmontamos os entresixos de como funcionaba unha canle de televisión por dentro. En febreiro, nacía o Chou Chechuá, representado por moitos locais e que tivo unha forte aceptación do público, na que se trataba o sexo dende un punto de vista cómico.

No 2004 sacamos adiante dúas das Farsas para títeres do escritor Eduardo Blanco Amor. Primeiro foi o Romance de Micomicón e Adhelala, que se estreou o 3 de abril, dentro da programación da I Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, circuíto do que o noso grupo é creador. En xullo estremos outra peza de Eduardo Blanco Amor, Amores e crimes de Juan Pantera, unha comedia paixonal e entretida.

No 2005, baixo a dirección de Delfina Miguélez, estreamos “Bicos”, un musical co que xa realizamos máis de 30 funcións por toda Galicia, e que tamén foi incluído na programación do V Festival Agustín Magán de Teatro Afeccionado 2007, organizado pola Fegatea no Teatro Principal de Santiago. Diferentes parellas amosan os conflitos amorosos habituais levados á esaxeración, e todo fiado a través das cancións de amor que todos coñecemos.

O 1 de abril de 2007 estreamos Metus Extremus, unha obra de creación colectiva en clave de comedia que analiza o medo na sociedade. A dirección é de Xoán Curiel (Os Quinquilláns). Unha peza que combina a recreación de escenas míticas de grandes clásicos do cine ou da literatura, como Doutor Jeckill e Mister Hyde ou Psicose, con temores inherentes ao ser humano, como o medo infantil aos bonecos ou á Morte.

Tratamos deste xeito de explorar diferentes ámbitos dos xéneros teatrais, mais ao mesmo tempo mellorar a través de diferentes cursiños de formación que organizamos. Todos os anos temos a Aula de Teatro, pola que pasaron Pepe Penabade, Delfina Miguélez, Artur Trillo ou Xoán Curiel, ata cursiños específicos: voz, dirección de escea, expresión corporal, etc. Pero ante todo o que buscamos é gozarmos da nosa paixón común, o teatro, e da gran amizade que nos une.

OBRAS EN CARTEL:

Metus Extremus (Creación Colectiva)

Dirixida por Xoán Curiel, en clave de comedia analízase o medo como sentimento inherente ao ser humano. Combina a recreación de escenas míticas de grandes clásicos do cine ou da literatura, como Doutor Jeckill e Mister Hyde ou Psicose, con temores recurrentes no ser humano, como o medo infantil aos bonecos ou á Morte.

Bicos (Adaptación de "Besos", de Carles Alberola)

Peza moi entretida, dirixida por Delfina Miguélez, na que diferentes parellas amosan os conflitos amorosos habituais levados á esaxeración. Vai todo fiado a través das cancións de amor "horteras" pero sobradamente coñecidas e que se quedaron na memoria de todos para sempre, de intérpretes que van dende Karina, Camilo Sexto ata Mecano.

DAE dixo...

SINOPSE DE "METUS EXTREMUS"

Metus Extremus é unha obra de creación colectiva, escrita e
dirixida por Xoán Curiel. Nos 90 minutos que dura recóllese dende
múltiples puntos de vista ese sentimento inherente ao ser humano que é o medo. Principalmente en clave de comedia, aínda que salpicado por algún que outro sobresalto, sóbese ás táboas o terror, que é libre, baixo
a premisa do país de “quen ten cu ten medo”.
Será un simpático xorobado algo maleducado quen fará as veces
de mestre de cerimonias, emulando a un Hitchcock invertido, con xoroba
no canto de tripa. E será o fío condutor de media ducia de historias nas que se reflectirán, parodiarán ou esaxerarán os nosos temores máis frecuentes ou os máis exóticos.
Para isto, tomamos o referente colectivo, partindo dos medos
propios dos actores e actrices. E como xa dixemos, o medo é libre. Así que cada quen na fase previa a esta produción expresou os seus
temores. O medo a aquela boneca de porcelana. A angustia que
provocaba a peli do Exorcista. A axente da SGAE que nos ameaza de
cando en vez. A escuridade.
Deste xeito, recorrendo ao imaxinario nacional e mundial, no que o cine e a literatura influenciou de xeito evidente e indubidable, lógrase unha conexión especial co público, porque, quen foi o valente que non sentiu medo nalgunha ocasión?

DAE dixo...

RECORTE DE PRENSA
La Voz de Galicia
Xoves 28 de Febreiro de 2008
TEATRO
Una comedia que mete miedo en Caranza
Domingos a escena

El grupo de teatro aficionado Andaravaia, procedente del municipio de Valga, propone una sesión de miedo extremo para este domingo. La compañía llegará al centro cívico de Caranza con Metus extremus , una obra de creación colectiva escrita y diriga por Xoán Curiel. En sus 90 minutos de duración -y en clave de comedia-, los actores de Andaravaia parodiarán los sentimientos de miedo y temor más frecuentes.