"Tiruleque", (Carballiño)
.
. Obra:
"Silicon Valley"
.
Autor: XosÉ Prada
.
Director: XosÉ Prada
.
Reparto:
.
Autor: XosÉ Prada
.
Director: XosÉ Prada
.
Reparto:
Pedro (Pai de Menchu) .... Pepe Prada Martínez
Menchu (Moza) .... Charo González Fernández
Fito (Mozo) .... Víctor Tato Soto
Isabel (Nai de Menchu) .... Clara Vázquez Vázquez
Señora Engracia (Nai de Isabel) .... Mª Paz Álvarez Nóvoa
Doncela .... Mariam Hortas Rodríguez
Santiago (Pai de Fito) .... Chicho Carballido Cibeira
D. Nicanor (Pai de Isabel) .... David Rodríguez Tomé
D. Carlos “O Pixiñas” (Médico, amigo de Pedro) .... Darío Rodríguez Rodríguez
Mr. Lying (Empregado da Stick Corporation) .... Antonio Rey Cornide
Miss Mistake (Empregado da Stick Corporation) .... Mª Xosé Banga Rodríguez
Doutora Hernández .... Mª Xosé Banga Rodríguez
Doutor Camilo.... Antonio Rey Cornide
.
Sinopse:
. É como o dos Capuletos e Montescos, pero sen Guillerme Chespir e sen mortos.
Poñamos por caso: Fito e Menchu queren casar ¿Non? Ata aquí, ben.
Pois vén o pai de Menchu, Pedro Beltrán, e di que diso nada. ¿E que fai Fito? ¿Matar a Mercucio, a Benvolio ou a Teobaldo? Non, non, e non. Fala co seu pai, Santiago, para que convenza a Pedro de que non se meta nos amores dos rapaces. ¡Pero sen violencia, eh!
¿Convence Santiago a Pedro? ¡Ah! Misterio insondable.
¿E que raios pinta nesta historia Mr. Lying e Miss Mistake? ¡Ah! Misterio insondable.
¿Stick Corporation de Silicon Valley é unha empresa americana de América ou ten unha sucursal en Froufe? ¡Ah! Misterio insondable.
¿Que pasou co chapapote do Prestige? ¡Ah! Misterio…
¿Acabarán Fito e Menchu casados polo xulgado ou pasarán pola vigairía? ¡Ah! Xa sabes….
Namentres todo isto pode suceder, D. Nicanor está a tecer unha bufanda interminable, como Penélope; o doutor Pixiñas anda á esculca e a señora Engracia fai vodú. ¿E Isabel? ¿Que quere Isabel? ¿Ver casada á súa filla? Isto non é un misterio insondable. ¡Isabel quere casorio! Home… se non hai máis remedio… aínda que sexa co Fito, antes que ver a Menchu preñada e solteira.
A Doncela, aquí entre nós, ademais de abri-la porta, canta. ¡Non home, non é que cheire! Canta coplas.
Ata aquí o argumento. ¿Non quererás que che contémo-lo final, destripacontos?
Pois iso.
Poñamos por caso: Fito e Menchu queren casar ¿Non? Ata aquí, ben.
Pois vén o pai de Menchu, Pedro Beltrán, e di que diso nada. ¿E que fai Fito? ¿Matar a Mercucio, a Benvolio ou a Teobaldo? Non, non, e non. Fala co seu pai, Santiago, para que convenza a Pedro de que non se meta nos amores dos rapaces. ¡Pero sen violencia, eh!
¿Convence Santiago a Pedro? ¡Ah! Misterio insondable.
¿E que raios pinta nesta historia Mr. Lying e Miss Mistake? ¡Ah! Misterio insondable.
¿Stick Corporation de Silicon Valley é unha empresa americana de América ou ten unha sucursal en Froufe? ¡Ah! Misterio insondable.
¿Que pasou co chapapote do Prestige? ¡Ah! Misterio…
¿Acabarán Fito e Menchu casados polo xulgado ou pasarán pola vigairía? ¡Ah! Xa sabes….
Namentres todo isto pode suceder, D. Nicanor está a tecer unha bufanda interminable, como Penélope; o doutor Pixiñas anda á esculca e a señora Engracia fai vodú. ¿E Isabel? ¿Que quere Isabel? ¿Ver casada á súa filla? Isto non é un misterio insondable. ¡Isabel quere casorio! Home… se non hai máis remedio… aínda que sexa co Fito, antes que ver a Menchu preñada e solteira.
A Doncela, aquí entre nós, ademais de abri-la porta, canta. ¡Non home, non é que cheire! Canta coplas.
Ata aquí o argumento. ¿Non quererás que che contémo-lo final, destripacontos?
Pois iso.
1 comentario:
HISTORIAL DO GRUPO
TIRULEQUE, Grupo de Teatro, é unha asociación cultural sen ánimo de lucro que, dende a súa fundación no ano 1985 (oficialmente no 1988) ven desenvolvendo distintas actividades, con participación activa na cultura do Carballiño, non só con actos propios, senón tamén axudando a outras entidades en toda clase de actos culturais.
Naceu TIRULEQUE ó abeiro da Comisión Cultural do Casino do Carballiño, cando o seu primeiro director Euloxio Alonso Rivera, preparou a un grupo de xente, nenos, mozos e adultos, que deron os seus primeiros pasos con cursiños de expresión corporal, ortofonía a e preparación de dúas obras no seu ano de fundación. Durante este tempo o grupo de teatro actúa e participa nun importante feito cultural: A Primeira Roda Provincial de Teatro, feita en Ourense, organizada pola Coordinadora Aberta de Teatro Afeccionado Galaico-Portugués. Actividade patrocinada pola Deputación de Ourense.
No seguinte ano,1986, Euloxio Alonso Rivera ten que deixa-la dirección por mor do seu traballo profesional e faise cargo da mesma Xosé Prada Martínez, quen a segue dirixindo ata o de agora, de maneira totalmente independente do Casino do Carballiño.
A parte de distintas actividades culturais, asistencias a cursos de voz, iluminación, maquillaxe, dirección escénica, interpretación, clown, expresión corporal, recitais poéticos, etc. o grupo ten posto en escena, as seguintes obras largas:
- OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE. A. Rdgz. Castelao.
- O XIGANTE EGOÍSTA. Óscar Wilde
- XORNADA MÉDICA.
- A FARSA DAS ZOCAS. Carballo Calero
- MOURENZA. Cotarelo Valledor
- O VELLO CELOSO. Miguel de Cervantes (adaptada ó galego por Xosé Prada Martínez)
- MIL PESOS PARA CARMIÑA. Adaptación de Asinaria de Plauto, feita polo propio grupo.
- SILICON VALLEY. Xosé Prada Martínez
- ROMA, UNHA TOLERIA!. Adaptación de Xosé Prada sobre a Farsa Plautina de Agustín Magán Blanco.
- AS ALEGRAS COMADRES DE WINDSOR. W. Shakespeare. Compoñentes de Tiruleque, asistentes a un curso de interpretación, poñen en escena unha adaptación dirixida por Josi Lage.
- HAMLET. Compoñentes de Tiruleque, poñen en escena unha tramposa adaptación dirixida por Jouse García, xunto co resto dos alumnos da Escola Municipal de Teatro do Carballiño.
- Lectura dramatizada de MARIA FERNANDA, xoguete cómico de Muñoz Seca e Pérez Fernández, baixo a dirección de Jouse García, conmemorando o cincuentenario da súa representación no Carballiño e do Día Mundial do Teatro.
Membros de Tiruleque, participan no elenco artístico, actuando nas curtametraxes D. E. P. (Descansar En Paris), LENTURA e GALIZA, ó carón de actores profesionais, como Jouse García, Josi Lage, Dorotea Bárcena, Celso Bugallo ou Luis Tosar.
OBRAS EN CARTEL:
SILICON VALLEY, comedia-farsa que conta a historia sinxela dunha parella de noivos, Menchu e Fito. Menchu, filla de Pedro Beltrán, novo rico, trata de persuadir ó seu pai para que non se opoña ás súas relacións amorosas, nembargante Pedro, que fixo a súa fortuna de xeito pouco claro, tén a teima permanente de que Fito quere casar con Menchu para conseguir os seus cartos e que non é un bo partido para a súa filla. Santiago, o pai de Fito, amigo da nenez de Pedro, é invocado polos noivos para convencer a D. Pedro de que a Fito e Menchu serán unha parella feliz e que Fito non quere aproveitarse dos cartos do seu futuro sogro. Na entrevista, Santiago e Pedro discuten, pero horas máis tarde, por cuestións duns negocios que Pedro quere facer cuns americanos, chama a Santiago porque élle imprescindible para chegar a bo termo no negocio cos americanos, que Santiago lles venda unha viña no Ribeiro, sen contárlle-lo que se acocha detrás da operación bursátil. Fito ten que intervir, no canto do seu pai, por necesidades legais, e trata de imporlle a Pedro como condición , que acepte a súa relación con Menchu... (O final tén sorpresa e non está ben contalo agora; mellor velo)
A ÚLTIMA POSTA EN ESCENA:
Hai algún tempo que, TIRULEQUE, Grupo de Teatro comezou a procura dun novo texto literario que se axeitase ás necesidades do grupo, tanto no estilo como no tipo de obra. Queriamos unha comedia ou unha farsa, de ser posible en prosa, mellor xa escrita orixinariamente en galego para non ter o traballo de traducila, como ocorreu con Asinaría de Plauto, e cun número de personaxes non inferior a dez.
Logo de desbotar distintos textos o grupo inclinouse pola comedia de Agustín Magán Blanco: FARSA PLAUTINA.
A obra ten un texto orixinal apousentado sobre seis comedias de Plauto, nos que Agustín Magán traballou facendo unha “contaminatio” e aportando a súa sabenza. Podemos distinguir entre outras comedias de Plauto, a “Xemelgos”, “Gurgullo” ou “Miles Gloriosus”.
TIRULEQUE, Grupo de Teatro comezou a traballar no texto da obra para actualizar algunha das súas frases máis conxunturais, adaptar os personaxes ás necesidades e número de actores cos que conta o grupo, e logo de un mes de labor e discusións barallando ideas, comezaron os ensaios cun texto ó que se lle ía dar o título máis rechamante de: ESTÁN TOLOS ESTES ROMANOS. Hoxendía, debido a que anda polos escenarios unha obra con ese nome, que se desenvolve no mundo dos deuses gregos do Olimpo, mudóuselle o nome inicial polo de ROMA, UNHA TOLERÍA! Once actores interpretan ós dezaseis personaxes, facendo algún actor ata catro personaxes distintos, segundo as necesidades do momento teatral.
Publicar un comentario