.
"Metatese Teatro", (Palas de Rei).
"Metatese Teatro", (Palas de Rei).
.
. Obra:
. Obra:
"Soño de Verán"
.
Autor: Shakespeare (adaptacion).
.
Director: Afonso Garcia.
.
.
Sinopse:
“Soño de Verán, máis ca unha versión libre de A midsummer-night´s dream de William Shakespeare (que tamén o é) é un texto inspirado nesta obra; polo tanto o espectáculo que de Soño de verán resulte non é a montaxe “do” senón un espectáculo teatral “sobre” o citado texto de Shakespeare.
A obra estructúrase en tres mundos que en momentos se tocan e interfiren: o mundo da realidade (representado nun pazo de Atenas); o mundo da fantasía, da imaxinación, do soño... (O bosque durante a noite); e por último atópase o noso mundo, o mundo da realidade do espectador. Este último mundo estará representado por un personaxe moi especial, Alicia, e por suposto, esta tamén terá o seu particular país das marabillas.
En definitiva, este espectáculo é unha especie de homenaxe aos diferentes mundos do teatro, da fantasía, da imaxinación... unha homenaxe ao teatro dentro do teatro e por suposto unha homenaxe a quen fai que o teatro sexa posible, a espectadora ou espectador.

1 comentario:
O Centro Cívico de Caranza acolle este domingo o clásico de Shakespeare “Soño de verán”
• A cita inclúese no ciclo de teatro afeccionado Domingos a Escena, que organiza Max Teatro, con entrada libre e gratuíta para toda a cidadanía
Ferrol, 05 de decembro de 2008.-
O Concello de Ferrol trae este domingo ao Centro Cívico de Caranza un clásico da literatura universal: a adaptación da obra de William Shakespeare “Soño de verán”. O grupo “Metátese Teatro”, que fixo unha adaptación libre deste texto, será o encargado de poñer en escea este espectáculo incluído na novena edición do ciclo de teatro afeccionado “Domingos a Escena”. A representación dará comezo ás sete do serán, con entrada libre e gratuíta.
“Soño de verán” estrutúrase en tres mundos que se tocan e interfiren por momentos: o mundo da realidade, o da fantasía e a imaxinación e o mundo da realidade do espectador. Este último representado por un personaxe moi especial chamado Alicia que terá tamén o seu particular país das marabillas. En definitiva, é unha homenaxe aos diferentes mundos do teatro, da fantasía e da imaxinación e tamén ás persoas que acuden ás representacións e que fan que o teatro sexa posible.
“Metátese Teatro” nacía en decembro de 1992 en Palas de Rei. Tras dezaseis anos subidos aos escenarios de media España, máis de oitenta actores e actrices teñen pasado por esta formación. Os integrantes do grupo se reparten dende o traballo de maquillaxe, vestiario, pasando pola iluminación, o son e. por suposto, a dirección e interpretación.
Un dos pais fundadores da Federación de Teatro Afeccionado Galego (FEGATEA), “Metátese Teatro” traballa arreo para difundir a cultura do teatro entre a sociedade galega, especialmente entre a comunidade escolar, onde levou a cabo múltiples actividades tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. Actualmente está integrado dentro da Confederación Española de Teatro Afeccionado (CETA) e é membro da Asociación Internacional de Teatro Afeccionado (AITA).
“Domingos a Escena”, ciclo no que se enmarca esta representación, poñíase en marcha o pasado 21 de setembro coa obra “Que viene mi marido” da Compañía Obradoiro de Teatro de Mugardos. A primeira fase do ciclo extenderáse ata o 21 de decembro e supón a posta en escea de 14 obras de teatro de compañías procedentes de toda Galicia. A segunda e última fase desta nova edición rematará en xuño. Será entón cando se elixa ao gañador do premio á mellor representación, un galardón incorporado pola Concellería de Cultura nesta novena andaina e dotado con 1.500 euros e a oportunidade de representar a obra gañadora no Teatro Jofre.
Saúdos; Gabinete de Comunicación
Publicar un comentario