8 Fefreiro - Arruallo Teatro

Compañia:

Arruallo Teatro, (Miño)
Obra:

"Matrimoniadas"

Autor: Arruallo Teatro
.
Direccion: Luis Martínez.

Reparto:
Celia Calvo Lado.....Anxelica
Jose M. Rodriguez...Anxo.

Sinopse:
O matrimonio é un invento que ten data de caducidade. Esta historia como se adoita dicir, está baseada en feitos reais, unha mostra de que a pesares de todos os inconvintes case sempre a solución, por ridículo que pareza, é O AMOR.

1 comentario:

Anónimo dixo...

DIARIO DE FERROL
Luns 9 de Febreiro de 2009
Comarcas Lunes 9 de Febrero de 2009

CARANZA
O matrimonio, a escena no Centro Cívico
O Centro Cívico de Caranza acolleu onte unha nova representación dentro do ciclo de teatro afeccionado Os Domingos a Escena, unha iniciativa da Concellería de Cultura de Ferrol. Nesta ocasión, a peza leva por título “Matrimoniadas” e correu a cargo da compañía Arruallo de Miño. Os problemas conxugais e demais avatares derivados da relación matrimonial son tratados nesta peza con moito humor e, á fin, con amor tamén. O ciclo de teatro desta novena temporada rematará o vindeiro 19 de abril.