20 Setembro - Carrachanacacha




4 comentarios:

DAE 2009-2010 dixo...

O Centro Cívico de Caranza recupera o ciclo de teatro afeccionado “Domingos a Escena”

• Carrachanacacha inaugurará a décima tempada deste ciclo o domingo, a partir das 19 horas, con entrada libre
• Quince compañías de toda Galicia pasarán ata o mes de abril por Caranza nesta iniciativa promovida polo Concello

Ferrol, 18 de setembro de 2009.-

A concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, e o responsable de Max Teatro, Yuyi Bastida, presentaron esta mañá unha nova edición de Domingos a Escena. O ciclo de teatro afeccionado iniciado hai xa unha década no Centro Cívico de Caranza. Este ano a programación arrancará este domingo, 20 de setembro, coa obra “Comendo pementos de Padrón con Tarantino”, un texto de Leandro Lamas levado a escea polo grupo de teatro “Carrachanacacha”, da asociación teatral “Aturuxo de Melpómene”, de Narón. Será no horario habitual, ás 19 horas e, tamén como vén sendo tradición, a entrada será libre e gratuíta.

Como en anos anteriores, o novo ciclo constará de dúas partes. Na primeira, entre setembro e decembro, pasarán polo espazo escénico 15 compañías de toda Galicia, namentras que na segunda, entre xaneiro e abril, as funcións estarán reservadas para as compañías de Ferrol e comarca. Nesta décima edición tamén se mantén a convocatoria do Premio do Público, instaurada no 2008, e que gañará aquela compañía que decidan os espectadores. O recoñecemento se traducirá nunha representación no Teatro Jofre e un premio en metálico.

Nesta liña, Mercedes Carbajales lembraba esta mañá os inicios do ciclo, que impulsou o concelleiro Bonifacio Borreiros. Asegurou que, dende aquela, sempre foi medrando en público, convertíndoo nun éxito edición tras edición. En gran medida, apuntou, grazas á fidelidade dos espectadores do barrio de Caranza. Así mesmo, engadiu que esta é unha aposta clara pola descentralización da oferta cultural municipal e mostrou a súa convicción de que a cultura non se pode reducir en Ferrol ao Teatro Jofre e ao Torrente Ballester.

Do éxito do ciclo tamén falou o responsable de Max Teatro, quen asegurou que a media de espectadores durante a pasada edición se situou nos 220. Cun aforo de 230 e funcións de extraordinaria afluencia, o auditorio se quedaba pequeno en ocasións.

A continuación, relación das compañías que pasarán polo Centro Cívico de Caranza nesta primeira parte:

Carrachanacacha de Narón
Teatro do Improvisto de Boiro
Fás que Fás de Cambre
Vichelocrego de Vigo
Ullán Teatro de Vedra
Melandrainas Teatro de Arteixo
SalMonela de A Coruña
Candelexas de Noia
Cía. Municipal de Teatro de Sada
Teatro O Bordelo de Cervo
Tiruleque Teatro de Carballiño
A Mámoa Teatro de Teo
Teatro Aurín de Moaña
Gº de Tº de Antas de Ulla
Grupo Municipal de Teatro de Ribeira





Saúdos; Gabinete de Comunicación

DAE2009-2010 dixo...

LA VOZ DE GALICIA
Venres 18 de Setembro de 2009
El ciclo Domingos a Escena reunirá a quince grupos de teatro aficionado de toda Galicia
La Voz 
18/9/2009
El centro cívico de Caranza volverá a acoger, a partir de este mismo domingo, una nueva edición, la décima, del ciclo Domingos a Escena, que reunirá a quince grupos de teatro aficionado de toda Galicia. Los participantes, en esta ocasión, serán Carrachanacacha, de Narón; Teatro do Improvisto, de Boiro; Fás que Fás, de Cambre; Vichelocrego, de Vigo; Ullán Teatro, de Vedra; Malandrainas Teatro, de Arteixo; Sal-Monela, de A Coruña; Cadelexas, de Noia; Cía. Municipal de Teatro, de Sada; Teatro O Bordelo, de Cervo; Tiruleque Teatro, de O Carballiño; A Mámoa Teatro, de Teo; Teatro Aurín, de Moaña; GdeT, de Antas de Ulla, y el Grupo Municipal de Teatro de Ribeira.
Al igual que en la pasada temporada, este ciclo, impulsado por el departamento municipal de Cultura de Ferrol, incluye la convocatoria de un Premio del Público, a aquella obra más valorada por los espectadores. Está dotado con 1.500 euros.

DAE 2009-2010 dixo...

DIARIO DE FERROL
Ferrol Sábado 19 de Septiembre de 2009

Ex alumnos da Escola de Teatro de Narón inauguran mañá os Domingos a Escena
REDACCIÓN > FERROL
Yuyi Bastida e Mercedes Carbajales, na presentación do ciclo d.a.
A primeira parte do ciclo Domingos a Escena dedícase case na súa totalidade a compañías afeccionadas galegas, pero de fóra de Ferrolterra. Despois do Nadal será o tempo para que amosen o seu traballo os numerosos grupos que animan a escena en Ferrol e as comarcas. A única excepción será a deste domingo, con Carrachanacacha e a montaxe “Comendo pementos de Padrón con Tarantino”. Trátase da primeira produción dun grupo que nace dentro da asociación Aturuxo de Melpómene, formada por ex alumnos da Escola de Teatro de Narón.
Leandro Lamas é o autor e o director dunha comedia surrealista na que unha nai e unha filla andan á procura da fama mundial. Ó tempo, certa dose de crueldade e realismo axuda a desvelar “os aspectos máis obscuros do ser humano”, tal e como explicaba o propio Lamas na estrea. Antonio Estévez, Gena Hernández e María Veiga protagonizan a obra.
Auditorio cheo > A décima edición dos Domingos a Escena bota a andar mantendo o esquema de anos anteriores. As funcións serán semanais, ás sete da tarde, no Centro Cívico de Caranza, con entrada gratuíta. “Desde que este ciclo comezou ata o de agora, sempre foi medrando en calidade e en organización”, apuntaba a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, na presentación da iniciativa. “Caranza ten un público moi fiel. Os Domingos a Escena teñen éxito sobre todo porque o Centro Cívico énchese tódolos domingos. Esa é a nosa asignatura pendente no teatro Jofre e no Torrente Ballester”, engadiu.
Yuyi Bastida, responsable de Max Teatro e coordinador do ciclo, apuntou que a media de asistencia sitúase nos 220 espectadores. Xa que o aforo é de 230, hai funcións en que é preciso aportar sillas extra para dar cabida ós interesados. Isto fai tamén que os Domingos a Escena sexan moi solicitados polas compañías e que, cada ano, haxa que facer unha importante selección.

DAE 2009-2010 dixo...

DIARIO DE FERROL
Ferrol Lunes 21 de Septiembre de 2009
Caranza volve responder ó teatro na primeira xornada dos Domingos a Escena
redacción > ferrol
Imaxe da representación de Carrachanacacha no Centro Cívico de Caranza carlos carballeira
A comedia “Comendo pementos de Padrón con Tarantino”, escrita e dirixida por Leandro Lamas, inaugurou onte o ciclo de teatro afeccionado Domingos a Escena. O Centro Cívico de Caranza volve ser o escenario dunha proposta escénica que cumpre unha década de existencia e que enche regularmente o auditorio deste barrio ferrolán.
Para a xornada de apertura contouse coa compañía Carrachanacacha, nacida ó abeiro de Aturuxo de Melpómene, a asociación de ex alumnos da Escola de Teatro de Narón. Antonio Estévez, Gena Hernández e María Veiga interpretaron esta historia de nais, fillas e fama.
Ata finais de decembro pasarán por Caranza máis dunha ducia de compañías de fóra de Ferrolterra, nun ciclo inédito noutros puntos da Comunidade, onde hai propostas máis puntuais, cunha menor continuidade no tempo.