25 Outubro - O Trasno

Compañia.- o TRASNO Teatro. (VIGO)
Obra.-
"CONVERSAS NA CUNETA MENTRES A VIDA PASA ALÁ FORA"
Xenero: Drama
Duración.- 75 min.
Autor.- O trasno Teatro
Director.-
Xaime Costas e Miguel Estevez


ELENCO:

Olvido...............................Lucía G. Carballás
Isolina..............................Mª Xosé González
Sagrario ...........................Sefi Romero
Muller/obreira..................Ana Rodríguez
Neta/terrorista.................Miriam Costas
Fillo/home/terrorista.......Xaime Costas
Nenas e neno....................Irene, Antía e Raul
Voces en off......................Gonzalo e Miguel


Creación do propio Grupo, baseada en relatos de diversos autores e na ampla información saída á luz co gallo da chamada "Recuperación da memoria histórica".
Sinopse:
Trata do encontro de tres mulleres do mesmo pobo pero de moi distinta condición, unidas na fuxida e distanciadas no seu comportamento ante a vida e o momento histórico que lles toca vivir.
Pretendemos, por unha banda, facer unha homenaxe ás mulleres asasinadas, durante e na posguerra, case sempre anónimas e esquecidas, e por outra
reflexionar, a través da súa mirada, sobre temas que seguen a ser de actualidade:
a subxectividade da información, a hipocrisía da sociedade, as relacións de parella, o terrorismo, os abusos do poder e outros.

Ningún comentario: