
COMPAÑIA:
Falcatrueiros Teatro
(Monterroso – Lugo)
OBRA:
"Hamlet"
XENERO: Comedia
AUTOR: Adaptación propia
DIRECTOR:
Jouse García
DURACION: 70 min.
Reparto:
Martin Salgado López.............. Bernardo, Actor
Noá Mourelle Vázquez...................... Francisco
Isabel Sánchez Rodríguez.................... Marcelo
Elda Cereijido Braña........................... Horacio
Francisco Javier Rojo Pombo....... Espectro, Actor
Noel Ferreiro Sampayo........................ Claudio
Helena López Novo........................... Xertrudis
Ernesto Gay Varela…………………..…...... Polonio
Alba Vázquez Rodríguez....................... Laertes
Verónica Pardo Fernández...................... Hamlet
Maria Pardo Rodríguez........................... Ofelia
Olaya Val Leiro............................ Osric, Actriz
Sinopse:
Ambientada nun tempo antigo en Dinamarca, concretamente, no palacio real; o tema central desta obra clásica, sen dúbida, é a traizón. Unha traizón por parte dos integrantes dunha familia e algúns dos seus serventes. Un irmán que mata ó outro para quedar coa coroa e coa raíña e un sobriño que desexa vingar o asasinato do seu pai.
O que van ver será unha adaptación reducida e libre, con certas licenzas gramatúrgicas para que tanto nós, cando comezamos esta obra, e o público poida entender o que Williams quería mostrar na loita por un trono: a vinganza, o engano, a mentira...
1 comentario:
DIARIO DE FERROL
Ferrol Domingo 17 de Enero de 2010
Falcatrueiros Teatro presenta en Caranza a súa adaptación do “Hamlet” de William Shakespeare
REDACCIÓN > FERROL
O ciclo Domingos a Escena conta hoxe coa presenza do grupo Falcatrueiros, que chega desde Monterroso (Lugo). Ás sete da tarde, no Centro Cívico de Caranza, representará a súa versión de “Hamlet”. Este clásico ambientado no palacio real de Dinamarca serve á compañía para traballar sobre os temas centrais do drama: a traizón, a vinganza, o engano e a mentira.
Jouse García encárgase de dirixir a peza, que conta cunha ducia de actores en escena, con Verónica Pardo no papel do príncipe destronado.
Publicar un comentario