26 Setembro Metatese Teatro

OBRA: "Fabrica de soños"
XENERO:Comedia
AUTOR: Afonso Garcia Penas
DIRECCIÓN: Afonso Garcia Penas
DURACION: 60 min.
GRUPO: Metatese Teatro, (Palas de Rei)
Reparto:
-Xosé Manuel Pérez Paredes.
-Óscar Varela Casal.
-Cintia García Fociños.
-Carlos García Fociños.
-Ana Ramos Lavandeira.
-Tamara Mecías Castro.
-Rubén García Vázquez.
-Paula García Vázquez.
-Celtia Bermúdez Delgado.
-Oliva Paredes Busto.
-Afonso García Penas.
Sinopse:
BENVIDOS AO PAÍS DO HUMOR: Fábrica de soños mergulla ao público nun heteroxéneo universo de situacións cun elevado grao de realismo e humor. Ao longo destas divertidas historias o espectador transitará por diversas sensacións que provocarán o sorriso e a reflexión. A través dun xogo metateatral, que insire ao espectador na maxia do acto literario, formúlanse preguntas sobre numerosos temas de actualidade:
-O complexo universo das relación humanas (coa parella; coas nais – pais – fill@s; no traballo, no tempo de ocio) e as consecuencias destas na personalidade do ser humano.
-A timidez, o retraemento e a pusilanimidade como atrancos que impiden desenvolver plenamente a personalidade.
- As actitudes machistas que aínda predominan en diversos sectores da sociedade.
- A ledicia, a fantasía e a maxia como instrumentos que permiten superar os desequilibrios emocionais, discapacidades e conflitos de personalidade.
-As diferentes disciplinas artísticas (pintura, escultura, literatura) como fontes de pracer e superación.
-A influencia dos medios de comunicación na nosa sociedade.
-A relevancia da educación no ser humano para acadar a verdadeira liberdade.
-O respecto ao medioambiente.
Todo estes temas serán tratados polas actrices e actores da compañía desde unha perspectiva cómica que amosan unha concepción do teatro como luz, movemento, son, música, ritmo, emoción, sentimento, poesía…



1 comentario:

DAE dixo...

BREVE HISTORIAL DO GRUPO.
“Metátese Teatro” naceu o 21 decembro de 1992 en Palas de Rei (Lugo) como unha entidade cultural que perseguía achegar a manifestación teatral a tódolos públicos. Ao longo destes anos as actividades máis salientables:
INTERNACIONAIS:
✔ Actuación en La Habana (Cuba) na Casa da Cultura da Praza da Revolución os días 20 e 22 de marzo do 2005 en colaboración con varios grupos de teatro desta localidade.
✔ Actuacións en Porto (Portugal) o 26 de outubro do 2002; o 23 de outubro do 2003; o 20 de novembro do 2004 e o 23 de setembro do 2006 en colaboración con Tipar Teatro, Grupo da Cámara Municipal de Paranhos.
✔ Actuación no Fórum Internacional das Linguas Minoritarias en Toulouse o 27 de maio do 2006.
✔ Actuación en Tokyo, na Universidade de Waseda, o 5 de abril do 2007 coa obra Intres.
✔ Actuación en Saraguro, Ecuador, os días 17, 21 e 24 de xullo do 2007 co espectáculo Fábulas.
✔ Actuación en Jerash (Xordania)o 25 de marzo coa obra Intres.
✔ Actuacións en Itapeva e Itararé (Sao Paulo), Río de Janeiro, Vitória e Sao Mateus (Estado de Espíritu Santo) e Salvador de Bahia en Brasil; durante o mes de xullo e agosto coa obra Intres.
Nacionais.

➢ Actuación en Baza (Granada) representando á Federación Galega de Teatro Afeccionado o 13 de agosto do 2006 e o 21 de marzo do 2009.

➢ Actuación en San Mateo (Las Palmas de Gran Canaria) o 1 de outubro do 2005, 17 de setembro do 2006 e o 21 de xuño do 2008 en colaboración co grupo de teatro Skene desta localidade.

➢ Actuacións en San Mateo e Ingenio (Las Palmas de Gran Canaria) os días 14 e 16 de setembro do 2006.

➢ Intercambio con grupos de teatro da xeografía española de San Sebastián de los Reyes (Grupo de Teatro Blas de Otero), Pedralba (Valencia; Grupo de Teatro Comarcal 234) e San Mateo (Las Palmas de Gran Canaria; Grupo de Teatro Skene).

➢ Organización e actuación de ciclos de actuacións benéficas no Teatro Principal de Ourense a favor da ONG “Meniños” de apoio á infancia en febreiro do 2002, do 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009 e 2010.

➢ Actuación en Villalpardo, Cuenca, o 11 de agosto do 2007 co espectáculo Habitación onírica e o 14 de agosto de 2009 coa obra NÓS.

➢ Presentación de todos os seus espectáculos en numerosos das catro provincias galegas.

➢ Organización de cursos de formación actoral.

➢ Organización da MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI, TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO (Xa se celebraron 10 edicións). Nesta festa do teatro entréganse os PREMIOS CAREÓN e MÁCARA a destacadas escritoras/ escritores e actrices / actores galegos.