17 Outubro - GT Airiños


OBRA: "Os vellos non deben namorarse"
XENERO: Farsa
AUTOR: Alfonso Daniel Castelao
DIRECCIÓN: Xesus Santos
DURACION: 100 min.
.GRUPO: GT. Airiños, (Asados-Rianxo)

Reparto:

Prólogo.....Anxo Angueira
O Boticario.....Xesús Santos
Lela…..Adelina Ces
O Carabineiro…..Álvaro Ordóñez
A Morte…..Xián Iglesias
As irmás do Boticario...Ánxela Silva, Lupe Mazariegos, Maruxa Miguéns e Patricia Carnota
Coro.....Juanjo Rodríguez, Saro Varela, Ánxela e Maruxa
Don Ramón.....Tino Miranda
Pais de Don Ramón....Bautista Romero e Patricia
Micaela....Mari Santos
O Portugués....Saro Varela
O Rapaz....Marcos Iglesias
As Máscaras....Pepe Collazo e Xián
Os Espantallos...Álvaro Ordóñez e Ramón Romero
O Sapo....Lucía Casal
Pimpinela....Graciela Muñiz
Pais de Pimpinela....Merche R. Pimentel e Xosé Mª Rodríguez
O Mozo....Pepe Collazo
Sr. Fuco....Segis Zúñiga
As Mulleres....Ánxela, Lupe, Maruxa e Patricia
Actuacións gaita e tambor.....Xosé Romero e Maruxa (Os Rosales)
Colaboradores e montaxe escénica:
Arranxo musical......Chapí e Juanjo
Decorados....Xosé Comoxo
Escenografía....Xosé e Loli Otero, Xavier Gey, Epigmenio Arias e Rafael A. Piñeiro
.
Sinopse:
Farsa enmarcada nun prólogo tres lances e un epílogo na que tres vellos que se namoran demasiado tarde, de mozas novas, morren en diferentes circunstancias. O primeiro é o boticario don Saturio que se namora da agraciada Lela e que se mata ao darse conta de que nunca será correspondido, o segundo é don Ramón un fidalgo capaz de regalar unha leira por un bico de Micaela e que morre deitado no esterco, o terceiro é o vinculeiro Sr. Fuco que, grazas ás medias de seda, zapatos baixos, chambras de raso, panos e refaixos, que lle dá ao seu amor Pimpinela, cásase e ao pouco morre de felicidade.No epílogo, os tres vellos mortos xúntanse no cemiterio onde falan das súas cousas e explícannos á mensaxe da obra.

1 comentario:

Anónimo dixo...

HISTORIAL do Grupo de Teatro AIRI-ÑOS de Rianzo
O grupo de teatro, formado por tres xeracións, leva 77 anos represen-tando as obras dos rianxeiros máis importantes da nosa literatura, como Castelao ou Dieste

O grupo de teatro Airiños leva setenta e sete anos representando nos escenarios as obras dos autores rianxeiros máis coñecidos da nosa literatura.

Nado coma unha iniciativa humilde en Rianxo, e grazas ás Mocidades Galeguistas,conseguiu consolidarse ao longo dos anos. Iso si, sen abandonar o uso da lingua galega nin nos momentos máis difíciles. O grupo está formado por tres xera-cións de actores que non deixan de mostrar a súa arte ao público día
tras día.

Como todo aquilo que hoxe é grande, Airiños comezou sendo pequeno. Nos
seus principios, esta aventura estaba formada por catorce actores, catro mulleres e dez homes. Os artífices do grupo foron concreta-mente os directivos do Centro Gale-guista, principalmente Ricardo Ro-dríguez González, Rafael Piñeiro Fachado e Xosé Otero Rial.
"Comezaron en tempos da Segunda
República".

Traxectoria do grupo:O camiño da agrupación durante épocas como a
ditadura non foi fácil, nas que o uso do galego estaba moi controla-do. conseguiron sobrevivir grazas "á astucia e perseverancia, capean-do o temporal da censura,e cando amainaba algo, procuraron navegar sen facer moito ruído".

O grupo nunca abandonou o galego nas súas representacións. Esta era unha norma dende a súa creación, "exaltar a língua e a cultura autóctona por medio do teatro".

Airiños rompeu o xeo nos escenarios coa obra A Retirada de Napoleón no 1933.
Dentro do seu repertorio encontra-mos obras como Na casa do ciruxano, a máis representada, antes e des-pois da guerra. "Hai persoas que, sen ser actores,saben parrafadas enteiras do texto, que recordan pola súa comicidade e picardía".

No ano 1983, a agrupación cumpriu "un vello soño". Levaron ao escena-rio a obra de Castelao “Os vellos non deben namorarse”, "foi unha aposta forte de moito traballo e compromiso, pero valeu a pena." "Nunca tiveran tanta xente en
escena nin tanto vestiario".
Unha experiencia moi gratificante que se repetiu en 1986, con motivo do I Centenario do autor rianxeiro. E que o grupo volveu a repoñer, neste 77 aniversario da creación do Cadro Artístico. Para Airiños,tanto Castelao como Dieste, son dous sím-bolos "que levan sempre como ban-deira en cartel".

Airiños na actualidade: Neste momento no grupo conviven avós, fillos e netos, pero estes netos de hoxe veñen sendo os bisnetos dos fundadores. Polo tanto, o grupo xa vai na cuarta xeración de actores. O tío do director e tamén actor,
Ramón Sende Suárez, con 97 anos, convértese no máis veterano que pasou polo grupo. Da cuarta xera-ción forman parte cativos como Ramón Romero Muñiz, Lucía Casal Lodeiros e Marcos Iglesias Santos.

O grupo recibiu premios coma o Ale-xandre Bóveda, como recoñecemento á súa longa traxectoria.