13 Novembro - Novaescena Teatro


DATA.- Domingo 13, Novembro 2011
HORA: 19:00 h.
OBRA: "O Inspector"
XENERO: Comedia
AUTOR: Baseada nun texto de Nicolai Gogol
DIRECCIÓN: Xoán Carlos Laxe
DURACION: 60 min.
GRUPO:"Novaescena Teatro", (Lugo)

Reparto:
Andrés Castelo: Ivan López.
Chelo Trinidad: Bárbara Viga.
Encarnación Vázquez: Susana Hermida.
Marcos Castro: Vicente Roxón.
María Lage: María Antonia.
Mariana Vázquez: Antonia Axís.
María Márquez: Artemia Rodriguez.
Marifí Ares: Camarera.
Xoán C. Laxe/Alberte Casasnovas: Policía.

Sinopse:
Nunha vila galega calquera, os políticos do consistorio confunden a un viaxeiro tunante cun inspector que estaban a agardar, ofrecéndolle todo tipo de beneficios económicos a cambio de agachar tódalas irregularidades cometidas durante anos. As forzas vivas da vila: empresarios, construtores... han ter tamén moito que dicir.
O Inspector (Nicolai Gogol, 1809-1852), unha das obras máis significativas do teatro ruso, aborda en ton de sátira unha constante social, por desgraza ligada ao ser humano: a corrupción.
A adaptación que propoñemos pretende, en primeiro lugar, achegar a visión satírica e hilarante de Gogol aos tempos actuais, salpicados acotío de escándalos económicos vinculados ao incorrecto exercicio da política. Con ese salto temporal, se ben nos afastamos do texto orixinal, somos fieis á intención social do autor. Non en van, xunto co compoñente satírico, a busca dun realismo social foi un salientable achado deste ruso, que tanta influencia tivo en autores como Mijaíl Bulgákov ou Yevgeni Zamiatin.

Ningún comentario: