Acabouse o “Premio do publico”

Esta foto pode ser a ultima  que se fai da entrega de premio de "Domingos a Escena", a un grupo de teatro afeccionado, no teatro Jofre de Ferrol.
O Concellal de Cultura do Concello de Ferrol Sr. Reyes, anuncia que o “Premio do Publico” que se viña entregando dende ai catro anos, non se vai  facer nos vindeiros anos.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Carta dun director que estivo en DAE dende o seu comezo:
Ola: Abraiado é pouco para expresar como veño de quedar despois de entrar en "domingos a escena" e ler o que ali está.
É increible o partidismo dalgúns politicos(casi todos), e en especial ese voso concellal de (IN) cultura.
Vale que dalgún xeito promovese un relevo na organización do ciclo (En todo caso inxustificado polos resultados dos derradeiros anos) pero o IMPRESENTABLE é que se lle poña en mans dunha xente cos antecedentes deses "elementos".
Confío en que surda un movemento de solidaridade con vos e a meirande partes dos grupos habituais de "Domingos a Escena" (O de verdade) rexeiten participar na próxima edición (CANDELEXAS xa O PRIMEIRO)
É lamentable que algo exemplar e cunha traxectoria envexable se finiquite dese xeito.Porque outro futuro non se lle albisca.
Dende logo cando un cargo público non sabe mirar dende o prisma da imparcialidade e se deixa levar por partidismos e escuros intereses, inda que perxudicando o que debera ser o seu principal obxectivo, APAGA E IMONOS QUE AQUI ESTAMOS DE CORTOCIRCUITO.
Unha aperta moi agarimosa a tódolos compoñentes de Max Teatro.