DAE XV

O pasado sabado aparecía una noticia no Diario de Ferrol:
Xa diciamos ai tempo que o ciclo “Domingos a Escena”, non debería cambiar de formato nin intentar melloralo, (aínda que todo se pode mellorar, por suposto), pero é, que realmente funcionaba ben.
A ultima tempada, xa houbo queixas por parte do publico, de feito moitos espectadores, -os que viñan sendo asiduos- deixaron de asistir as representacións dos domingos, non ai mais que ver que a media de espectadores que baixou moito.
Puidera ser que a programación fose un tanto irregular, ou quizais fose unha mala tempada para os grupos e as súas obras, ou tamén puidera ser que a o publico que asiste regularmente a Caranza, pois non estivese acostumado a ese tipo de teatro. Pero o feito é que isto se estaba a ver, cedo ou tarde.
Agora so nos queda esperar que alguén apareza e se faga cargo da organización de este ciclo, que dende o ano 2000, foi de menos a mais. Nun principio se empezou como tódalas cousas, con algúns problemillas, pero pouco a pouco se foron corrixindo e así chegou a ser,  o ciclo “estable” de teatro mais importante da nosa comunidade, (polo menos).
Esperemos e desexamos polo ben do teatro afeccionado en Ferrol que isto so sexa un pequeno parénteses, no medio desta tempada.

Ningún comentario: