22 Xuño - Crucía Teatro



Domingo 22 de Xuño no Centro Cívico de Caranza, (Ferrol), o GT. "Crucía Teatro" de Sta. Icía-Ferrol pon en escea a obra "Unha de vaqueiros".

Autor: Manuel Martínez Carrillo
Reparto: 
    Banqueiro…..........José Lage 
   Carlos Velón….......Peste 
   Carlos Gómez…..... Sherif
   José Gómez…........Cabalo cansado
   Bego Velón............Nube Rosa 
   José Carrodeguas…Sr. Keaton 
   Juani Rodríguez…...Ramirez 
   Anuska González...…Madamme Collete 
   Ana Pico…............Sepulturas
 Sinopse:
  Unha épica historia de tiros no salvaxe oeste… 

A seguinte historia non está baseada en feitos reais. As personaxes, lugares, feitos e datas son ficción, e calquera similitude coa realidade non só é pura coincidencia, senón tamén mera casualidade... 
2ª metade do século XIX, o pobo de Pecosville, en pleno territorio indio Síux. Unha vila ata o de agora tranquila, onde os rostros pálidos e os peles roxas conviven en paz, e onde nunca sucede nada; ata que a repentina chegada da Union Pacific e a construción do ferrocarril,  trabou ese estilo de vida, sosegado e calmo.

Ningún comentario: