Domingo 19 de Outubro, no Centro
Cívico de Caranza as sete da tarde, o grupo de teatro “Agrupación Teatral Mariñán”, de Betanzos,
representa a obra: “Martini Seco”.
Reparto:
PHYLLIS: Sara Zabalza
CAROL / JULIET: Inés Valiño
HOWARD: Juan J. Vázquez
SAM: José Luis Mañana
Sinopse:
Unha das características do
adúltero é que sempre está cos pés nun sitio e a cabeza noutro. Poderíamos
dicir que se trata dunha persoa con problemas de concentración, aínda que
paradoxicamente debe ser moi coidadoso para non deixar probas...
Non existen estatísticas fiables sobre o número de adulterios que se
cometen no mundo cada hora, cada minuto, cada segundo. Pero son tantos que non
é aventurado afirmar que a base do matrimonio é o adulterio. Máis aínda: a base
na que se sostén a realidade da nosa sociedade é o adulterio. Polo menos é a
base na que se sostén a realidade de Sam e o seu matrimonio con Phyllis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario