Domingo 16 de Novembro, no Centro Cívico de Caranza
as sete da tarde, o Grupo.: “Tiruleque Teatro”, de O Carballiño-Ourense,
representa a obra: “Paga e cala”.
Reparto:
Mariajo
Banga...“Elizabeth” * Catherine
Rita
Freigenedo ... “Sophia” * Alice
Inmaculada
Ucha... Margaret
Vanesa
Iglesias... Jane
Xabier
Nóvoa... Director
Pepe
Prada... “Morris” * George * Tom Thomas
Charo
González... Tita Bruna
David
Rdgz. Tomé... “Férdinand” * Robert
Antonio
Rey... “Edward” * Berluccioni Fetuccini
???... Richy
Escrita
e dirixida por: Xosé Prada
Sinopse:
A
compañía teatral Tiruleque está facendo o ensaio xeral da obra “O tren das
tres e dez” de Doncell Jardylha na véspera da súa estrea nun teatro de
Inglaterra. Jane, a porteira do edificio, aparece nun intre da proba traendo
unha notificación que lle entrega ó Director da compañía, quen, totalmente
alarmado polo contido da carta, marcha, xunto co resto dos abraiados actores,
pola porta do foro laiándose da súa mala sorte, deixando soíña á porteira no
escenario, devecendo por coñecer o miolo da misiva.
A carta anuncia unha catástrofe económica para
a compañía teatral, que ve ameazada a estrea da obra e o seu futuro perante
unha chantaxe de difícil solución.
Cal será a postura a tomar? Ceder á extorsión
da carta? Buscar a complicidade dun político de dubidosa reputación? Poñer
unhas lavativas? Levarlle uns ovos a Santa Clara? Apuntarse as clases de baile
de salón?
Recoiro, que dilema!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario