4 Marzo - Tiruleque Teatro




Elenco:
Capuccini: David R. Tomé / Pepe Prada
Monifate: Rubén Martínez
Rosa “A Raposa”: Rosa María Villar / Lidya Almonte
Manolón: Óscar Cid
Marcela: Rita Freigenedo
Xogador 1: María del Carmen Fdz. Carreiro
Xogador 2: Aurora González / Belén Opazo
Meiga: Vanesa Iglesias
Panoramix: Rosa María Villar / Lidya Almonte

Dirección: Pepe Prada


Sinopse:
Unha comedia de Pepe Prada en cinco actos e outras pasaxes.
Monifate e Capuccini están almorzando na súa casa, e sofren en carne propia o temperamento de Manolón, cando este aparece na persecución de Rosa “A Raposa” quen, a dúo co seu marido, O Cacharelas, chanceouse de Manolón chamándolle cornudo.
Capuccini, que está namorado de Marcela dun xeito que vai entre o platónico e o erótico, pretende conseguir os favores desta, aínda que só sexan espirituais, por medio de eloxios e agasallos. Por outra banda, Monifate, máis carnal e apegado á terra, directamente quere metese na cama con Marcela.
Marcela e Lolo conforman unha parella que se quere, pero Marcela é unha coqueta que, sen dar pé inicialmente ás pretensións de Monifate e Capuccini, mantén acesa a chama das súas paixóns sen cortar de vez as esperanzas dos dous pretendentes, porque no fondo encántalle ser apetecida e que a pretendan.
Capuccini e Monifate son amigos de Manolón e clientes da taberna “A de Lolo” que rexentan Manolón e Marcela. Tódolos días Capuccini e Monifate acoden á tasca para botar un conto, beber un grolo ou xogar unha partida de cartas; porén iso non empece o feito de que na mesmísima cantina lle fagan requilorios a Marcela e lle propoñan -sobre todo Monifate- poñerlle uns monumentais cornos a Manolón; para o que non dubidan en acudir ós consellos dunha Meiga e servirse dos seus feitizos.
Iso dálles pulo, en especial a Monifate, para aventurarse nunhas proposicións a Marcela, que terán consecuencias imprevistas e que…

Ningún comentario: