27 Xaneiro - A Tenencia Teatro

Domingo 27 de Xaneiro
As sete da tarde
Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).


Sinopse:
  “Recreamos nel esceas de tres obras diferentes unidas pola narrativa que conduce un mestre de cerimonias e que pon en relevancia o amor polo teatro; que é tamén o que nos une”.
 
Textos:
 OS RESTOS DA NOITE de Yolanda Pallín.
 LAURA é unha muller corrente, casada, sen fillos, ama da sua casa, acomodados nunha clase media -alta. De boa familia, de colexo de monxas, que nunca se sae do camiño sinalado. Pero mentras vive monótonamente e permanentemente insatisfeita, Laura ten moitos soños, estranos soños, que logo deixan na vixilia restos, os restos das suas noites, cada vez mais fondos.
Unha noite atópase cunha MULLER, alguén con quen falar e que parece que xa sabe das suas inquedanzas, un espello... cecáis, alguén moito máis libre que ella... ou non...
 
O FILLO de Ricardo Carvallo Calero.
 XOANA está na súa casa dun pobo da Galicia do 1935. É a señora do pobo, maior e solteira, boa e querida por todos. Mais esa é unha noite aciaga para Xoana. Un neno foi abandonado na súa porta, un neno fillo ós seus ollos do pecado; Xoana, atormentada tamén polos seus secretos do
pasado, non pode desfacerse da amargura que a devasta non pode  aceptar esa falta e rexeita ó neno, pechando o seu corazón.
Pero á sua porta chega unha muller DESCOÑECIDA e a noite faise mais longa e misteriosa...
 
ELLA Y ÉL de Jean Pierre Martínez
AVERÍA DE TELE
 Este texto que pecha a nosa mostra, nun estilo de comedia casi de clown, non precisa introducción ningunha. Só disfrutenno.

 Elenco:
MESTRE DE CERIMONIAS- Víctor Fernández
 LAURA- María Cordal
MULLER- Mª del Carmen Varela
 XOANA- Mª del Carmen García
DESCOÑECIDA- Lola Sanmartín
 EL- Avelino García
ELLA- Montse Porto
 Espazo escénico e vestuario: A Tenencia Teatro.
 Luz e espazo sonoro: Eugenia Sanmartín.
 DIRECCIÓN- Eugenia Sanmartín

Ningún comentario: