3 Marzo - Porta Aberta

Domingo 3 de Marzo 
As sete da tarde Centro Cívico de Caranza, (Ferrol). 
(Entrada de balde)

Grupo: “Porta Aberta”, (Bouzas-Vigo)
Obra: “Get Back”
Xenero: Comedia Social
Para tódolos públicos 
Duración aprox: 90 min.
Sinopse:

        “Get Back” é o título da nosa nova obra do autor Diego Ameixeiras. Unha situación anecdótica pode ser o berce dunha nova vida.
        Nun día rutineiro, no metro rutineiro, nun traxecto rutineiro e a unha hora rutineira atópanse cinco vidas totalmente diferentes pero unidos por un lugar común.
        Ambientada no Londres rutineiro do século XXI, con Get Back veremos como unha parada temporal do metro pode converterse nunha viaxe ao pasado das personaxes. Unha mirada no seu interior a situacións que desexan cambiar pero non o conseguían. Unha simple parada da Bakerloo Line vai tratar de rectificar os seus erros no pasado.
        Unha obra tremendamente actual para entreterse, escoitar, desfrutar e recoñecerse nunha das cinco vidas que se atopan no mesmo vagón da vida. Get Back é unha desas obras que deixa pegada como espectador, como actor e como director se nos deixamos levar no traxecto da Bakerloo Line londiniense que se dirixe á estación de Elephant & Castle. Boa viaxe!!.

Reparto:
RAFA: Alberto de León/Pablo Fernández
LUISA: Sonia González/Maite Ricart
JOHN: Xoan Montero/Teo Borrajo
IRIA: Lucía Cameselle
PEPA: Laura Miramontes


Dirección: Pablo Fernández


Ningún comentario: