7 Abril - Teatro Muxicas

Domingo 7 de Abril
As sete da tarde Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).
(Entrada de balde)


Grupo: “Teatro Muxicas”, (Ourense)
Obra: “O Inspector”
Xenero: Comedia
Para tódolos públicos
Duración aprox: 60 min.

Sinopse:
Nunha localidade gobernada por políticos corruptos reciben a nova de que acaba de chegar un inspector do goberno para realizar unha auditoría sobre as contas públicas e elaborar un estudio acerca da limpeza das prácticas políticas dos seus dirixentes.
Ante esta situación, os gobernantes entran en pánico, procedendo á destrución de todas as probas que os poidan comprometer. Comezará así unha espiral de submisión cara ese inspector, ofrecéndolle todo tipo de agasallos e subornos, chegando a límites insospeitados de tolemia e indignidade.
O Inspector é unha comedia de ritmo frenético, onde dez actrices e actores, na súa maioría invidentes ou cunha discapacidade visual grave, dan vida nas táboas ao clásico texto de Nikolái Gógol, versionado e dirixido para esta ocasión por Tito Asorey.

ELENCO:
ALCALDE... Teresa Rodríguez
CONCELLEIRO DE XUSTIZA... Severino Pérez
CONCELLEIRO DE SANIDADE / MOZO DO HOTEL... Alejandro Losada
CONCELLEIRO DE EDUCACIÓN... Francisco Gómez
XEFE DE CORREOS / HUGO... Luis Pequeño
NORBERTO / SINDICALISTA... Iago López
ROBERTO... Ricardo Rodríguez
ANA... María del Carmen Fernández
MARÍA... Eva Herbella
IVÁN... Aída Saíz

Versión e Dirección: Tito Asorey
Axudante de dirección: Melania Cruz

Ningún comentario: