
8 Novembro - Candelexas
Compañia:
cANDELEXAS Teatro. (NOIA)
Obra.-
"MELLOR SER CAN, QUE VIVIR COMO UN CAN"
Xenero: Comedia
Autor.- Víctor Vez.
Director.- Víctor Vez.
Duración.- 60 min.
ELENCO: Puri Fernández; Rubén Cobas; Fina Cobas; Puri Vez; Antía A. Vez; Iago A. Vez; Víctor Vez
Sinopse:
Ramiro, un funcionario dunha gran empresa está farto do seu traballo, da sociedade, da publicidade, en definitiva da vida que leva e toma unha decisión: SER un can.
Camiña a catro patas, so se alimenta de penso para cans, e mesmo esixe a súa familia que o saquen ó parque, prendido por un arnés e mexar nos farois.....
O caso é que tan sorprendente decisión acada mais proxección do que a primeira vista parecía,.T é a repercusión mediática da súa "nova vida" que crea unha especie de "relixión", xorden milleiros de seguidores o que xera a preocupación de diferentes personaxes que acoden ó domicilio de Ramiro para convencelo de que depoña súa actitude. O Xefe da súa empresa, o cura da parroquia, Sociedade protectora de animais, mesmo o asunto chega a preocupar ó goberno, que envía un ministro, e ate o tribunal de Estrasburgo. Pero todo é inútil: Ramiro PREFIRE SER CAN A TER QUE VIVIR COMO UN CAN.....
1 Novembro – Sal Monela
"MENTIROSOS"
Comedia Lixeira
David Gandoy
Gomez.......Modesto Gomez
25 Outubro - O Trasno
Compañia.- o TRASNO Teatro. (VIGO)
Obra.-
"CONVERSAS NA CUNETA MENTRES A VIDA PASA ALÁ FORA"
Xenero: Drama
Duración.- 75 min.
Autor.- O trasno Teatro
Director.-
Xaime Costas e Miguel Estevez
ELENCO:
Olvido...............................Lucía G. Carballás
Isolina..............................Mª Xosé González
Sagrario ...........................Sefi Romero
Muller/obreira..................Ana Rodríguez
Neta/terrorista.................Miriam Costas
Fillo/home/terrorista.......Xaime Costas
Nenas e neno....................Irene, Antía e Raul
Voces en off......................Gonzalo e Miguel
Creación do propio Grupo, baseada en relatos de diversos autores e na ampla información saída á luz co gallo da chamada "Recuperación da memoria histórica".
Sinopse:
Trata do encontro de tres mulleres do mesmo pobo pero de moi distinta condición, unidas na fuxida e distanciadas no seu comportamento ante a vida e o momento histórico que lles toca vivir.
Pretendemos, por unha banda, facer unha homenaxe ás mulleres asasinadas, durante e na posguerra, case sempre anónimas e esquecidas, e por outra
reflexionar, a través da súa mirada, sobre temas que seguen a ser de actualidade:
a subxectividade da información, a hipocrisía da sociedade, as relacións de parella, o terrorismo, os abusos do poder e outros.
18 Outubro – Ullan Teatro
Compañia.- Ullán Teatro. (vedra – a coruña)
Obra.-
"XUICIO NO BOSQUE OU SOÑAR NON COSTA NADA"
Xenero: Comedia - (INFANTIL)
Autor.- Dora Vázquez
Director.-
Manuel Martinez Carrillo
Duración.- 60 min.
ELENCO:
ALFONSO NEIRA (Pulgarciño e Pai de Xosé Manuel) BEA MERA (Susiña e Defensora) BELÉN GONZÁLEZ (Madrastra, Bruxa e Nai de Susiña) CARLOS MARTÍNEZ (Xoán Manuel, Príncipe e Xuíz) DANI De La TORRE (Lobo e Pai de Xoseíño) ENRIQUE VAZQUEZ (Xoseíño, Príncipe e Fiscal) FINA GUITIÁN (Carapuchiña e Nai de Mariloli) LOLI FABEIRO (Ogro) LOURDES SEIJAS (Lúa) ROSA ÁLVAREZ (Mariloli e Branca de Neve) SUSANA GARCÍA (Cinxenta)
Sinopse:
Unha pandilla de 4 rapaces xogan a ver que queren ser de maiores, gaña Susiña, que quere chegar á lúa. A partires dese intre, desencadéanse unha serie de divertidas interaccións coas persoaxes de diversos contos clásicos, carapuchiña vermella, a cinxenta, brance de neve e pulgarciño, incluíndo un xuizo ós malos e un tenro desenlace.

