16 Novembro - Tiruleque teatro


Domingo 16 de Novembro, no Centro Cívico de Caranza as sete da tarde,  o Grupo.:  “Tiruleque Teatro”, de O Carballiño-Ourense, representa a obra: “Paga e cala”.
Reparto:
Mariajo Banga...“Elizabeth” * Catherine
Rita Freigenedo ... “Sophia” * Alice
Inmaculada Ucha...   Margaret
Vanesa Iglesias...   Jane
Xabier Nóvoa...   Director
Pepe Prada... “Morris” * George * Tom Thomas
Charo González...   Tita Bruna
David Rdgz. Tomé...   “Férdinand” * Robert
Antonio Rey... “Edward” * Berluccioni Fetuccini
???...   Richy
Escrita e dirixida por: Xosé Prada
Sinopse:
     A compañía teatral Tiruleque está facendo o ensaio xeral da obra “O tren das tres e dez” de Doncell Jardylha na véspera da súa estrea nun teatro de Inglaterra. Jane, a porteira do edificio, aparece nun intre da proba traendo unha notificación que lle entrega ó Director da compañía, quen, totalmente alarmado polo contido da carta, marcha, xunto co resto dos abraiados actores, pola porta do foro laiándose da súa mala sorte, deixando soíña á porteira no escenario, devecendo por coñecer o miolo da misiva. 
  A carta anuncia unha catástrofe económica para a compañía teatral, que ve ameazada a estrea da obra e o seu futuro perante unha chantaxe de difícil solución. 
  Cal será a postura a tomar? Ceder á extorsión da carta? Buscar a complicidade dun político de dubidosa reputación? Poñer unhas lavativas? Levarlle uns ovos a Santa Clara? Apuntarse as clases de baile de salón? 

  Recoiro, que dilema!!! 

9 Novembro - Gargallada Teatro


O próximo domingo 9 de Novembro no Centro Cívico de Caranza, o grupo de teatro: Gargallada Teatro, do Barco de Valdeorras, presenta a súa obra: “O anel maxico”
A representación será as sete da tarde e, a entrada é de balde.
Reparto:
Aurora Fernandez,
Manuel González
Reyes Limia
Jose Mª Rodriguez
Nuria Menéndez
Gabriel Prada
Lalo Santos
Fran Fernandez
Sol Rodriguez
Sinopse:
     Comedia de enredo na que o fío condutor é un anel máxico que provoca o esquecemento a quen o leva posto. Tres cartas de amor que chegan ás mans equivocadas e un morto ausente que non aparece por ningures, axudarán a enredar o nobelo. Oito personaxes clásicos da Commedia dell'Arte que entran e saen de escena sen dar descanso ao espectador xunto coa presenza do gran Goldoni tentando poñer un pouco de cordura entre tanta tolemia.
Dirixe: Manuel Caramés.

2 Novembro - Moreashow


O próximo domingo 2 de Novembro no Centro Cívico de Caranza, o grupo de teatro Moreashow, do Barco de Valdeorras, presenta a súa obra: “Microencontros”
A representación será as sete da tarde e, a entrada é de balde.
Reparto:
Jose Manuel Salgado,
Jose Antonio Arias,
Guadalupe Fernandez,
Martin Gonzalez,
Jose Nuñez,
Luis Manuel Estevez,
Pablo Rodriguez,
Dario Vila,
Jesus Fernandez,
Alejandro Nuñez,
Beatriz Rodriguez,
Rosa Cortiñas,
Carmen Hernandez,
Silvia Cuesta,
Jose Conde
Amparo Rodriguez.
 
   Tratase dun un puzzle de pequenas esceas inconexas que nos fan reflexionar sobre as emocións.
Sentir ou non sentir, expresar ou calar, en qué lugar do corpo habita a felicidade?
To be or not to be, that is the question.
A dirección é de Silvia Cuesta.


DAE XV - Novembro


Programación do mes de Novembro

26 Outubro - Sal-Monela


Domingo 26 de Outubro, no Centro Cívico de Caranza as sete da tarde,  o grupo de teatro “Sal-Monela Teatro”, de Coruña, representa a obra: “Vodevil”.

Reparto:
IRENE: Cristina  Freire
GUADALUPE:Raquel Silveira
SOFIA:Bibi Caramés
EDITH: Ana Julia
CARLA: María José Insua
LOLY: Loly Rivas
MARINA: Zusetty Albujar
GRACE:Esperanza Diéguez
MARTIN: Modesto G. Lombardia
ESTEBAN: Paco Vila
PRODUCTOR: J. Antonio Martínez
                    Gema Dominguez
ASISTENTE:Carmen Álvarez

Sinopse:
     Una Compañía de teatro presenta un espectáculo que, a la vista del espectador, puede resultar entretenido, divertido o realmente extraordinario en su ejecución, pero nunca se ve el trabajo que se desarrolla entre  bastidores para conseguir un resultado idóneo.
     Con esta pieza teatral, el autor muestra los entresijos de una Compañía de teatro que el día del estreno deja al descubierto sus carencias, obstáculos y todo ello provocado por los nervios que, traicionando a todo el elenco, hacen que se mezcle la ilusión con la realidad.