14 Outubro - Lohengrin Teatro

Domingo 14 de Outubro
As sete da tarde
Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).
 
“Bernarda”
         Versión de Pablo Iriarte, adaptación ao galego de Marta Díaz, da derradeira obra escrita por Lorca, (La Casa de Bernarda Alba).
         Nesta peza ademais de escoitar a un grade da nosa literatura en Galego, actualízanse as personaxes das irmás para darlle unha visión actual á posta en escena. Destaca tamén a creación dun novo personaxe, A Casa, creada en forma de coro vocal, que nos vai relatando o que se intúe e non se pode ver dentro desas paredes. A obra compleméntase cun repertorio do poemario do mesmo autor, que reforza os sentimentos da historia.

Reparto:
Alejandro Álvarez…… Actor (Bernarda e Coro)
Noa Iriarte….. Actriz (Poncía e Corifeo)
Marta Fialho….. Actriz (Angustias e Coro)
Lara Álvarez….. Actriz (Magdalena e Coro)
Gema González….. Actriz (Amalia e Coro)
Paula Villarroel….. Actriz (Martirio e Coro)
Sofí Rodal….. Actriz (Adela e Coro)
Nerea Martínez….. Actriz (María Josefa e Coro)
Aldara Diéguez….. Actriz ( Coro e Violín )
Lorena Carbó….. Actriz (Coro e Voz)
Oscar Santiago….. Actor (Coro e Guitarra)
David Rodrígez….. Actor (Coro e Baixo)

         O espectáculo foi recoñecido nos premios Buero 2017 como mellor versión coral.
         A compañía, con esta peza, quere adiantarse á homenaxe dos 120 anos do seu nacemento de Lorca, no próximo ano 2018.
         Dende a súa estrea Setembro 2017, esta tendo unha gran acollida polo público, destacando as críticas favorables por parte de Departamentos de Literatura así como de Normalización lingüística de distintos centros de ensino, e profesionais destas materias , pola forma de achegar a literatura de Lorca ao público. Así mesmo, alumnos de bacharelato recomendan entre eles esta peza.

7 Outubro - Petanaporta Teatro



Domingo 7 de Outubro
As sete da tarde
Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).
 Sinopse:

         A Breixo de 10 anos, tras sufrir ataques fisicos e verbais, prohíbeselle a entrada no centro escolar onde estuda por levar consigo unha mochila de “meu pequeno poni”.
        A dirección do colexio considera “detonante de acoso” o feito de que Breixo acuda a clase coa mochila dos seus debuxos animados favoritos, acusándoselle de provocar “interrupción na aula”.

 Reparto: 
         Mercedes Pardavila
         Paco Pernas.

Dirixe: Vanesa M. Sotelo


30 Setembro - A cova do trasno

Domingo 30 deSetembro
As sete da tarde
Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).
 
Sinopse:
Don Venancio é un indiano de regreso á súa terra na que percibe as deficiencias da escola e quere, á súa maneira, facer unha fundación para poñerlles remedo. Ven tamén coa intención de casar coa marquesa de Outeiro. A obra é unha homenaxe a estes persoeiros que tanto contribuíron desinteresadamente á mellora da educación e da vida en xeral, cos seus logros na emigración. É unha obra sinxela con tentes cómicos.
Reparto: 

D. VENANCIO, O INDIANO: Toñito Alvarez
BENEDITA, NAI DE ADOSINDA: Concha Martínez Fariña
ADOSINDA, MULLER QUE VEN DO RIO: Rosa Rodríguez Vigo
MARQUIÑOS, NENO FILLO DE ADOSINDA: Manuel Ramil
ALCALDE: José Luís Gómez
SECRETARIO: Gerardo Vilar
MARQUESA DO OUTEIRO: Ana Varela
OFELIA, IRMÁ DA MARQUESA: Encarna Seoane(Enca)
LELO: Concha Martínez Fariña
GARDA MUNICIPAL. Suso Martínez
SOBRIÑA DO INDIANO: Lauri Filgueiras
CANTAREIRA.: Lauri Filgueiras
O regreso do Indiano está escrita e dirixida por Javier Vilasánchez.