14 Outubro - Lohengrin Teatro

Domingo 14 de Outubro
As sete da tarde
Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).
 
“Bernarda”
         Versión de Pablo Iriarte, adaptación ao galego de Marta Díaz, da derradeira obra escrita por Lorca, (La Casa de Bernarda Alba).
         Nesta peza ademais de escoitar a un grade da nosa literatura en Galego, actualízanse as personaxes das irmás para darlle unha visión actual á posta en escena. Destaca tamén a creación dun novo personaxe, A Casa, creada en forma de coro vocal, que nos vai relatando o que se intúe e non se pode ver dentro desas paredes. A obra compleméntase cun repertorio do poemario do mesmo autor, que reforza os sentimentos da historia.

Reparto:
Alejandro Álvarez…… Actor (Bernarda e Coro)
Noa Iriarte….. Actriz (Poncía e Corifeo)
Marta Fialho….. Actriz (Angustias e Coro)
Lara Álvarez….. Actriz (Magdalena e Coro)
Gema González….. Actriz (Amalia e Coro)
Paula Villarroel….. Actriz (Martirio e Coro)
Sofí Rodal….. Actriz (Adela e Coro)
Nerea Martínez….. Actriz (María Josefa e Coro)
Aldara Diéguez….. Actriz ( Coro e Violín )
Lorena Carbó….. Actriz (Coro e Voz)
Oscar Santiago….. Actor (Coro e Guitarra)
David Rodrígez….. Actor (Coro e Baixo)

         O espectáculo foi recoñecido nos premios Buero 2017 como mellor versión coral.
         A compañía, con esta peza, quere adiantarse á homenaxe dos 120 anos do seu nacemento de Lorca, no próximo ano 2018.
         Dende a súa estrea Setembro 2017, esta tendo unha gran acollida polo público, destacando as críticas favorables por parte de Departamentos de Literatura así como de Normalización lingüística de distintos centros de ensino, e profesionais destas materias , pola forma de achegar a literatura de Lorca ao público. Así mesmo, alumnos de bacharelato recomendan entre eles esta peza.

Ningún comentario: