28 Outubro - Lameiro Teatro

Domingo 28 de Outubro
As sete da tarde
Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).


“Un mal día”
Sinopse:
O que todo comezaba coma un día marabilloso na vida de Xoán, despois
dunha noite de troula e “festa rachada”, trúncase diametralmente coa entrada
en escena de varios personaxes que, aos poucos, van liándolle a manta á
cabeza ao seu protagonista. Primeiro a muller que limpa no seu piso,
desesperada pola recente chegada do seu home; logo un dos seus mellores ou
peores amigos, segundo se mire, que, vestido cun traxe de sacerdote,
escandaliza e pon patas arriba todo o escenario. A continuación, o produtor do
filme que dirixe Xoán que, ademais, resulta ser o seu sogro; e así toda unha
serie de personaxes que van desfilando, como se fora o camarote dos irmáns
Marx: un home moi agresivo que anda na procura da súa muller; a filla e a
muller do produtor; unha amiga da muller; unha amante, etc. Mentres, a
“suposta” morte en escena dalgunha das mulleres protagonistas, envelenadas
cunhas “poderosas aspirinas”, desencadearán o riso sen parar do público, ata
chegar a un final no que dúas ladroas e unha policía desenmascaran, sen
querer, todo este fenomenal lío de familia.

Reparto:
XOÁN: Emilio Crespo
RAMONA: Vero Figueroa
PEPIÑO: Anxo X. Rajó
PAOLA: Beti Crespo
ROBERTO: César Alonso
CELESTE: Susi Alonso
XOSÉ: Esteban Estévez
CLAUDIA: Beti Crespo
CARLOTA: Marosa Estévez
ESTEFANÍA: María Leiro
LADROA: María Rodríguez
LADROA: Patricia Martínez
POLICÍA: Isabel Mora
PRESENTADORA: Isabel Quintas

DIRECCIÓN: Esteban Estévez Bastero

Ningún comentario: