14 Abril - Teatro Fantasía

Domingo 14 de Abril
As sete da tarde Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).
(Entrada de balde)

Grupo: “Teatro Fantasía”, (Ares)
Obra: “Historias e contos da aldea”
(coas verbas de Rosalía)
Xenero: Poesía teatralizada
Para tódolos públicos
Duración aprox: 70 min.

Sinopse:
“Historias e contos da aldea, coas verbas de Rosalía”, trata de unha familia do rural formada por un pai, a sua figlia e unha cuñada do pai, que núnha conserva na eira da sua casa, dan pé para recitar unha escolma de poesía en galego,  na que mostran distintos aspectos da poesía galega destacando a poesí  de  Rosalía de Castro.
     

ELENCO:
Josefina Diaz-Robles: Poesía de introducción e canción Final.
José Pita Cribeiro- pai;
Mari Carmen Rodriguez- Cuñada;
Margarita Pérez: 1) A tola; 2) filla; 3) A Costureira. 
Dirección José Pita
Autor:José Pita / Margarita Perez

7 Abril - Teatro Muxicas

Domingo 7 de Abril
As sete da tarde Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).
(Entrada de balde)


Grupo: “Teatro Muxicas”, (Ourense)
Obra: “O Inspector”
Xenero: Comedia
Para tódolos públicos
Duración aprox: 60 min.

Sinopse:
Nunha localidade gobernada por políticos corruptos reciben a nova de que acaba de chegar un inspector do goberno para realizar unha auditoría sobre as contas públicas e elaborar un estudio acerca da limpeza das prácticas políticas dos seus dirixentes.
Ante esta situación, os gobernantes entran en pánico, procedendo á destrución de todas as probas que os poidan comprometer. Comezará así unha espiral de submisión cara ese inspector, ofrecéndolle todo tipo de agasallos e subornos, chegando a límites insospeitados de tolemia e indignidade.
O Inspector é unha comedia de ritmo frenético, onde dez actrices e actores, na súa maioría invidentes ou cunha discapacidade visual grave, dan vida nas táboas ao clásico texto de Nikolái Gógol, versionado e dirixido para esta ocasión por Tito Asorey.

ELENCO:
ALCALDE... Teresa Rodríguez
CONCELLEIRO DE XUSTIZA... Severino Pérez
CONCELLEIRO DE SANIDADE / MOZO DO HOTEL... Alejandro Losada
CONCELLEIRO DE EDUCACIÓN... Francisco Gómez
XEFE DE CORREOS / HUGO... Luis Pequeño
NORBERTO / SINDICALISTA... Iago López
ROBERTO... Ricardo Rodríguez
ANA... María del Carmen Fernández
MARÍA... Eva Herbella
IVÁN... Aída Saíz

Versión e Dirección: Tito Asorey
Axudante de dirección: Melania Cruz

31 Marzo - Axouxeres Teatro


Domingo 31 de Marzo
As sete da tarde Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).
(Entrada de balde)




Grupo: “Axouxeres Teatro”, (Vilaronte-Foz)
Obra: “Non casei con todos”
Xenero: Comedia
Para tódolos públicos
Duración aprox: 90 min.

Sinopse:
A filla de Raúl vai casar e o home está preocupado por todos os preparativos do banquete, xa que a nova criada non aparece, e sobre todo porque non coñece ainda ó noivo da súa filla preferida.
Por outro lado súa irmá está enferma dos ósos e Raúl procura os servicios dun médico "moi particular".
Ademais, ó pobo vai chegar un novo garda forestal, o que non impide que Marcial (o veciño) coloque os lazos, aínda que o que caza e pesca non o pode levar para a casa por medo á muller.

Reparto:
RAUL: JUAN CARLOS BOUSO
LUISA: MARISOL GONZALEZ
MARUXA: MARI CARMEN CURRÁS
RAMON. EULALIO JOSE COUTO
RAFA: FRANCISCO FLORES
ENCARNA: CONCHITA LOPEZ
MARCIAL: MARI CARMEN BALSEIRO
DR. TOUSSI: JESUS PEREZ
NATI: ROSA ALONSO

Dirección: Benito García

24 Marzo - Nova Escena Teatro

Domingo 24 de Marzo
As sete da tarde Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).
(Entrada de balde)



Grupo: “Nova Escena Teatro”, (Lugo)
Obra: “As fillas de Eva”
Xenero: Drama
Para tódolos públicos
Duración aprox: 60 min.

Sinopse:
NUN PAÍS ASOLADO POR UNHA LONGA GUERRA, EVA LOITA POR SOSTER A CASA E ÁS FILLAS, FIANDO CON ESFORZO O DÍA A DÍA ENTRE O DESÁNIMO E A ESPERANZA.

PARA ELA , O FUTURO REPOUSA NO SEU ÚNICO FILLO VARÓN. A CHEGADA DO SEU MARIDO, DESESTABILIZARÁ O FEBLE EQUILIBRIO DO SEU MUNDO.
ÉSTE É , UN DRAMA NO QUE SE REFLEXIONA SOBRE O PAPEL DA MULLER NOS CONFLICTOS ARMADOS,

Reparto:
Hugo Alvarez:Martiño
María Márquez:Eva
Ricardo Méndez:Rodrigo
Chelo Trinidad:Asunción
Elena García:Herminda
María Botana:Carme
Rocío Polín:Lina
Jaime Rodriguez:Avó

Direccion: Maria Marquez

17 Marzo - Teatro do Ar

Domingo 17 de Marzo 
As sete da tarde Centro Cívico de Caranza, (Ferrol). 
(Entrada de balde)
 
Grupo: “Teatro do Ar”, (Nigrán-Pontevedra)
Obra: “Sucedaneo”
Xenero: Misterio
Para tódolos públicos
Duración aprox: 75 min.
Sinopse:
Carmen desapareceu sen deixar rastro. Era o día do seu 17 aniversario e coincidía toda a familia por fin. Saíu pola tarde e xa non volveu, ninguén a viu saír nin ninguén sabe onde está.
Susana, súa nai, chamou á policía esa mesma noite, pero non a toman en serio…

Reparto:
Carrera.... Sergio Trabazos
Breo.... Pedro Rodríguez
Susana.... Sara Penedo
Carmen..... Sarai Gómez
Julián..... Pablo Fernández
María...... Sheila Figueroa
Fede..... Abraham Mayán

Direccion: Pedro Rodríguez.