11 Novembro - Teatro Andanzas

Domingo 11 de Novembro
As sete da tarde
Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).

 


 

4 Novembro - Teatro Semente

Domingo 4 de Novembro
As sete da tarde
Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).

 

Novembro - Programacion

Programación para o mes de Novembro
Domingos a Escena 2018

28 Outubro - Lameiro Teatro

Domingo 28 de Outubro
As sete da tarde
Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).


“Un mal día”
Sinopse:
O que todo comezaba coma un día marabilloso na vida de Xoán, despois
dunha noite de troula e “festa rachada”, trúncase diametralmente coa entrada
en escena de varios personaxes que, aos poucos, van liándolle a manta á
cabeza ao seu protagonista. Primeiro a muller que limpa no seu piso,
desesperada pola recente chegada do seu home; logo un dos seus mellores ou
peores amigos, segundo se mire, que, vestido cun traxe de sacerdote,
escandaliza e pon patas arriba todo o escenario. A continuación, o produtor do
filme que dirixe Xoán que, ademais, resulta ser o seu sogro; e así toda unha
serie de personaxes que van desfilando, como se fora o camarote dos irmáns
Marx: un home moi agresivo que anda na procura da súa muller; a filla e a
muller do produtor; unha amiga da muller; unha amante, etc. Mentres, a
“suposta” morte en escena dalgunha das mulleres protagonistas, envelenadas
cunhas “poderosas aspirinas”, desencadearán o riso sen parar do público, ata
chegar a un final no que dúas ladroas e unha policía desenmascaran, sen
querer, todo este fenomenal lío de familia.

Reparto:
XOÁN: Emilio Crespo
RAMONA: Vero Figueroa
PEPIÑO: Anxo X. Rajó
PAOLA: Beti Crespo
ROBERTO: César Alonso
CELESTE: Susi Alonso
XOSÉ: Esteban Estévez
CLAUDIA: Beti Crespo
CARLOTA: Marosa Estévez
ESTEFANÍA: María Leiro
LADROA: María Rodríguez
LADROA: Patricia Martínez
POLICÍA: Isabel Mora
PRESENTADORA: Isabel Quintas

DIRECCIÓN: Esteban Estévez Bastero

21 Outubro - Avelaiña Teatro

Domingo 21 de Outubro
As sete da tarde
Centro Cívico de Caranza, (Ferrol).


“A Opera de a patacón”
Sinopse:
A vida da capital londinense transcorre nunha sorte de feirón  onde todo está á venda. Chulos, putas e mendigos gobernan os baixos fondos, onde Mackie, o Navalla, é o rei. “A ópera de a Patacón” é unha sátira que critica, en clave de comedia, como a política aproveitase das desigualdades sociais para engrandecer as empresas capitalistas sen ética nin moral. Esta é unha desas historias que por moito que se conten, nunca se contan abondo.
A sinxela ascensión social de Mackie débese ás malas artes que ambos mundos comparten. E entre cantigas ímola contar ...

Reparto:
AMPARO URTAZA…..A Fraca e Coro
ANTÓN LAMAPEREIRA…..Mensaxeiro Real e Vello
JOSE ANTONIO GONZÁLEZ…..John Jeremías Peachum e O Gordo
LUCÍA COTA…..Coro, Redactora e Mary Tyler
MANUEL AYÁN…..Soldado e Doutor Neil
MENCHU GONZÁLEZ…..Jenny, Sally, Srta. Blake e Coro
MERCEDES MORENO…..Pianista
MIGUEL MARTÍN…..O Alto e Paralítico
PEPI GÓMEZ / PILAR RGUEZ…..Pendangas e Mendigas
RITA BUGALLO…..Polly Peachum e Coro
RITA RIVAS…..Celia Peachum e Vella
XABIER FERNÁNDEZ.....Mackie“O NAVALLAS” ou  Sr. Becquet
XULIO LEAL…..Sr. Cox e Tigre Brown

Dirixe: Paloma Saavedra

 Publico: maiores de 12 anos
Duración: 100 min.