Domingo 3 Febreiro, Escola de Teatro Rianxo



Obra: “O Campelo”

GRUPO.- Escola de Teatro Rianxo.

Autor: Jose A. Vilariño.

Dirección: Jose A. G. Vilariño

Reparto: O Campelo - Xián Iglesias
Isolina - Irene Fachado
Xesús - Jorge Sobrádelo
Crego - Francisco Gómez
Señor Pedro - Álvaro Ordóñez
Xenoveva - Raquel Ordóñez
Emiliana - Sara Galbán
Pacita- María Dávila
Argentina - Mariana Díaz
Nena - Lucía Ordóñez
Neno - David Fernández.

Equipo Técnico: Rafael Piñeiro / Pilar Fernández.

Duración: 50 minutos
Sinopse: Pepe, O campelo, foi criado de cura, axudante de curandeira, organizador de feiras, festas e mercados ata que rematou na emigración. ¡Por todos os sitios polos que pasou nunca faltou que dicir del.
Dixo:
¡A vida é corta e hai que aproveitala!
¡Se hai guerra, mantédevos á marxe!

2 comentarios:

DAE dixo...

UN POUCO DE HISTORIA DO GRUPO "AIRIÑOS"

Entrevista a Xesús Santos, membro do grupo "Airiños", no Xornal Gratuito do Barbanza "CERTO"

Proxectos máis inmediatos?

Estamos xa no do ano que vén, pois é un ano moi especial para nós, para o grupo de teatro "Airiños", do centro cultural Simón Varela de Asados, en Rianxo. No 2008 cúmprese o 75 aniversario da fundación do teatro "Airiños". E non hai ningún outro grupo de teatro que poda decir iso en Galicia: somos os decanos do teatro galego agora mesmo. Nas vodas de ouro xa celebráramos algo, pero isto vai ser mellor, porque 25 anos por riba de 50 anos son moitos. A xente vai maior, e poden pasar moitas cousas, comprendes?

Queda alguén de cando se fundou "Airiños"?

Si, quedan, e fixémoslles unha entrevista hai pouco para poñelas para o ano. Entrevistamos a tres persoas que traballaron moito para que saíra adiante, e do 1933 aínda quedan eses tres que traballaron na primeira obra. Un deles é Ramón Pimentel Castaño, que foi director ata hai poucos anos, pero agora con 93 ás costas xa non sae moito da casa. Debémoslle moito a el. Traballou cando era rapaz co grupo de Mocidades Galeguistas dalí da parroquia de Asados. O grupo de teatro naceu no seo do Centro Galeguista de Asados. Entre as actividades, aparte de abrir unha biblioteca, facían veladas teatrais, recitais de poemas, etc. Daquela Ramón Pimentel tiña 18 anos. O que veu alí daquela a montar o do teatro era primo de Castelao, Manolo Rodríguez Castelao, Bieito Rial, Xesús Frieiro Dourado (o que fixo a letra da Rianxeira na Arxentina logo), Luis Noia, etcétera, xente do Partido Galeguista de Rianxo. Algúns deles eran mestres e pertencían á Institución Libre de Enseñanza, moi preocupados por este tipo de actividades. Alí funcionou unha biblioteca que organizou don Xosé Arcos. Tamén andaba por alí Rafael Dieste, que organizara un teatro guiñol. Manoel Antonio faleceu antes, no 30, senón sería un home clave para todo isto. (Aquí derivamos en falar de Manoel Antonio e Xesús Santos é unha auténtica enciclopedia da historia cultural de Rianxo, ata nos saca detalles como o paso longo de Manoel Antonio, e non quería ir a Asados porque non había luz aínda)

A mesma obra que deron eles no 1933, unha obra de Xabier Prado, coñecido por Lameiro, que se titula "A retirada de Napoleón". Un deputado que veu dar mítines e descubren que era un farsante, que non ía facer nada e que por riba lle gustaban as mozas e o viño. Van actuar netos e bisnetos dos actores de entón, dos que comezaron. O caso do teatro en Asados é moi curioso: sempre se nutriu de xente dalí, da parroquia, e entón traballaban pais, fillos, netos, e agora empezan a vir os bisnetos. Sempre houbo esa afección, Ramón Pimentel sempre decía: "a semente veu de Rianxo para Asados, pero caeu en tan bo terreo que deu froito e conservamos a planta".

DAE dixo...

Queremos expresar o noso máis sentido pésame, tanto á familia do finado como aos membros do Gº. de Tº. "Airiños" de Rianxo, polo
falecemento dun dos seus directores históricos, Don Ramón Pimentel.

Max Teatro

La Voz de Galicia
Xoves 31 de Xaneiro de 2008
El director de teatro del grupo Airiños Ramón Pimentel murió en Rianxo a los 91 años

31/1/2008 | Cultura
El director de teatro del grupo Airiños Ramón Pimentel murió en Rianxo a los 91 años. Murió en la villa rianxeira Ramón Pimentel Castaño, a los 91 años, uno de los fundadores del grupo Airiños, el más antiguo de Galicia y que este año conmemora el 75 aniversario de su nacimiento. Ramón Pimentel entró a formar parte del elenco de actores con 18 años.