Domingo 13 Abril, "Grupo Novaescena Teatro", (Lugo)

Compañía:
“Novaescena Teatro”. (Lugo).
.
Obra:
“Cinco mulleres co mesmo vestido”.
.
Autor: Allan Ball
.
Dirección: Xoan C. Laxe.
.
Reparto:
María Lage: Sara; Chelo Trinidad: Raquel; María Márquez: Helena; Mariana (Ángeles Vázquez): Xulia; Marifí Ares: Paula; Randy Montero: Nacho. Camareiros (performance anterior ao espectáculo): María Lage, Ánxela Ferreiros, Borja Sánchez

Ficha Técnica:
Maquillaxe: María Márquez; Perruquería: Chicha Vázquez; Vestiario: Chelo Trinidad; Escenografía: Nova Escena. Música orixinal, adaptacións, gravacións e son: Cándido Díaz; Iluminación: Xoán C. Laxe; Axudantes de dirección: María Lage, Chicha Vázquez;
Tradución, adaptación e dirección Xoán C. Laxe.
Duración: 80 minutos
.
Sinopse:
Sara, Raquel, Helena, Xulia e Paula, cinco mulleres con personalidades moi diferentes, refúxianse da habitación da noiva durante o banquete da voda. No percorrer da velada irán descubrindo os seus segredos, as súas actitudes ante a vida, o amor, o sexo... Nacho, un invitado, incorpórase ao grupo con intencións de conquista.

1 comentario:

DAE dixo...

HISTORIAL DO GRUPO: GRUPO DE TEATRO NOVA ESCENA

O grupo nova escena tivo a súa orixe no obradoiro de teatro do Centro Social Municipal “Milagrosa II” de Lugo.

Dende o ano 1997 ó 2002, o obradoiro, xermolo do grupo, representou as seguintes pezas:

1997-98: “Lisístrata" de Aristófanes. 2 funcións.

1998-99: “Sono dunha noite de San Xoán” (Adaptación da obra de W. Shakespeare). 1 función.

1999-00: “A Muralla Rosa” (de Xoán C. Laxe) 10 funcións.

2000-01: “Albo Neves e as sete perdidiñas” (de Xoán C. Laxe) 4 funcións.

2001-02: “Borralliña” (de Xoán C. Laxe) 19 funcións.

Durante este tempo, foi medrando nos membros do obradoiro a sensación de pertenencia a un grupo de teatro. Incrementáronse o número de ensaios e funcións, estabilizáronse os equipos de traballo das distintas áreas. Este feito catalizou a formación da Asociación Cultural-Teatral Nova escena, en xaneiro de 2003.

2003 “O Decamerón” adaptación da obra homónima de Giovanni

Boccaccio de Xoán C. Laxe. 15 funcións (en carteleira a data redacción deste informe)

2004 “A Irmá María Ignacia explícavolo todo”, de Christopher Durang, 18 funcións (en carteleira a data redacción deste informe).

2005 “Lisístrata”, de Aristófanes. Adaptación de Xoán C. Laxe. 3 funcións.

2006 “5 Mulleres co mesmo vestido”, de Alan Ball, 3 funcións (en carteleira a data redacción deste informe).

Participamos nas catro edicións do Certame de teatro afeccionado Cidade de Lugo (2003 a 2006).

DIRECCIÓN E PERSOA DE CONTACTO:

Grupo de Teatro Nova Escena - San Froilan, 17-1º - 27001 Lugo - novaescenateatro@mundo-r.com - Xoan Carlos Laxe: 982241624 – Randy: 645213555