Compañía: “Bartoleta Teatro”. (Ferrol).
.
Obra: “Animaliños”.
.
Autor: Roberto Vidal Bolaño
.
Autor: Roberto Vidal Bolaño
.
Dirección: Helga Mendez.
.
Reparto:
Espe Vidal
Rosalía Rodríguez
EncarnaPrieto
HelgaMéndez
Chus Neiva
Marta Sixto
Conchi García
Elisardo de la Cruz
Moncho Pantín
Mario Cibeira
Miguel Neira.
Rosalía Rodríguez
EncarnaPrieto
HelgaMéndez
Chus Neiva
Marta Sixto
Conchi García
Elisardo de la Cruz
Moncho Pantín
Mario Cibeira
Miguel Neira.
Equipo Técnico, Luz e son: Bartoleta Teatro.
Duración: 75 minutos
5 comentarios:
O grupo Bartoleta Teatro.
A semente está no extinto Taller de Teatro Municipal do Concello de Ferrol. Algúns xa tiñamos percorrido parte do camiño no carro de Tespis, outros subiron nel máis tarde, pero ó final ( ¿ ou inicio ? ) da viaxe foi Bartoleta Teatro, que chegou a bo peirao na Asociación de Veciños do Ensanche A, e alí asentou o seu fogar no ano 94.
A primeira viaxe foi na compaña de Moliére, con “O enfermo imaxinario”, no Taller Municipal de Ferrol, dirixidos polo actor galego Andrés Pazos, que tanto nos ensinou.
Xa sen o noso primeiro mestre, pero aínda como membros do Taller Municipal, realizamos dúas montaxes: “Dúas fantasías dramáticas e un xoguete cómico”, textos de Chéjov e Euloxio Rodríguez Ruibal, dirixidos por Mª José Doce; e “O Enterro da Sardiña”, texto de autoría propia, para celebra-lo Entroido.
A nosa primeira viaxe como Bartoleta na asociación veciñal foi coa “Farsa infantil de la cabeza del dragón”, de Valle-Inclán, dirixidos por Helga Méndez.
A segunda foi con Blanco Amor, con “Un refaixo para Celestina”, dirixida por Mª José Doce.
Despois marchamos ó estranxeiro con Koltés e o seu “Roberto Zucco”, dirixidos por Helga Méndez.
Gustounos a experiencia e seguimos viaxando por terras extranxeiras con Tennessee Williams, con “Un tranvía chamado Desexo”, dirixidos por Espe Vidal.
Volvimos a casa, con Valle-Inclán, esta vez con “Los cuernos de Don Friolera”, dirixidos por Helga Méndez e marchamos de xira por terras pontevedresas coa Fundación Valle-Inclán.
Despois Alonso de Santos, en “¡Viva o Duque noso amo!”, dirixidos por Helga Méndez.
“El Embrujado”, de Valle-Inclán, dirixido por Espe Vidal, volveunos levar polas terras do autor da man da Fundación Valle-Inclán.
A montaxe que levamos ás táboas no 2006 foi a comedia de Concha Romero “Así aman los dioses”, dirixida por Helga Méndez.
A nosa última montaxe, “Ataque Verbal”, de Miguel Albaladejo e Elvira Lindo, estreada no 2007, foi dirixida por Helga Méndez.
Asistimos a tódolos cursos que podemos, pois Bartoleta é un grupo inquedo, e dámoslle moito valor á técnica, á experimentación e á experiencia: sen o público o actor, o autor dramático, o director, son meras efixies, estatuas que se perden no tempo. O público danos a enerxía, o pulo necesario para seguir montados no carro de Tespis. Gústannos os retos e os riscos, por iso é que viaxamos da man de diversidade de autores e estilos, e todo co mesmo fin: aprender e gozar do teatro...e tentar transmitir ese amor e ese gozo ós demais.
Participamos nos certames de teatro afeccionado que se desenvolven na nosa comarca, e tamén fóra dela: Mostra de Teatro Afeccionado do Concello de Ferrol, Circuítos de Teatro Afeccionado da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, Mostra de Teatro Afeccionado Amistade de Santa Mariña, 2 montaxes especialmente preparadas para a Fundación Valle-Inclán, participando así nos Congresos sobre o autor (anos 2002 e 2004/05).
Para ver e saber máis cousas da nosa compañía, podedes visitar a nosa web...
http:// spaces.msn.com/bartoletaferrol
E aquí seguimos, traballando e viaxando no carro de Tespis,
¡Unha aperta do grupo!
Ferrol, a 31 de Marzo de 2008
Datos dos responsables.
Asociación de Veciños do Ensanche A
NIF: G - 15312606
Centro Cultural “Carvalho Calero”,
Praza do Inferniño, s/n.
15404 – Ferrol (A Coruña)
Presidente: Rafael Leira.
Tel-Fax: (981) 370 561
Web: www.avvensanchea.com
Mail: avvensanchea@hotmail.com
Bartoleta Teatro
Directora: Helga Méndez
Mail: talia_helga@hotmail.com
Tel. 696 793 893
LA VOZ DE GALICIA
Ferrol, Xoves 3 de Abril de 2008
Teatro
Una de Vidal Bolaño en Caranza
«Animaliños»
El ciclo de teatro aficionado Domingos a escena lleva este fin de semana a Caranza la obra Animaliños . El grupo de Ferrol Bartoleta Teatro será el encargado de poner en escena este texto de Roberto Vidal Bolaño que reflexiona, en clave de humor, sobre la relación de los seres humanos con la naturaleza.
DIARIO DE FERROL
Ferrol Viernes 4 de Abril de 2008
Esta semana o ciclo de teatro afeccionado “Domingos a Escena” contará coa presenza da compañía ferrolá “Bartoleta Teatro” que representará “Animaliños”. Trátase da terceira parte dunha triloxía sobre a sociedade actual escrita polo dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. Ao igual que nas obras anteriores o autor sírvese da ironía e do humor para, nesta ocasión, afondar na relación entre sociedade e natureza. A función comezará ás sete da tarde e a entrada é gratuíta.
DOMINGOS A ESCENA
Domingo 6 de Abril de 2008
A función prevista para hoxe Domingo día 6 de Abril, da obra "Animaliños" do Grupo BARTOLETA TEATRO, dentro do Ciclo Domingos a Escena de Ferrol, suspendeuse polo falecemento do pai dun dos actores.
Un saúdo
Yuyi (Max Teatro)
LA VOZ DE GALICIA
Ferrol, Luns 7 de Abril de 2008
Suspenden una sesión de teatro en Caranza por una defunción
La función prevista para ayer en el centro cívico de Caranza, dentro del ciclo de teatro Domingos a Escena, tuvo que ser suspendida por el fallecimiento del padre de un actor de la compañía Bartoleta. Esta agrupación ferrolana estaba emplazada a representar la obra titulada Animaliños, sobre un texto del dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
Publicar un comentario