. Compañia:
."Ti e mais Eu, Teatro", (Ferrol).
. Obra:
"Na outra habitación"
.
.
Autor: Paloma Pedrero
.
Director: Xulio Vazquez
.
.
Sinopse: É unha comedia realista, contemporánea e actual que relata en profundidade a situación dunha muller que decide romper coas apariencias sociais substituíndoas por valores máis auténticos, libres e comprometidos.
2 comentarios:
LA VOZ DE GALICIA
Xoves 12 de Decembro de 2008
TEATRO AFICIONADO
Rompiendo cadenas para ser más libre
Domingos a escena
11/12/2008
Una comedia realista, contemporánea y actual. Así es como define Ti e Máis Eu Teatro la obra Na outra habitación , de Paloma Pedrero, que este domingo representará en Caranza dentro del ciclo Domingos a escena . La pieza cuenta la historia de una mujer que rompe con las apariencias para asumir valores más auténticos y libres.
TI E MÁIS EU TEATRO
A Asociación Cultural Ti e máis Eu Teatro constituíuse o día 21 de Decembro de 2004 e foi dada de alta no Rexistro Central de Asociacións co número 2004/008167-1.
Son fins da Asociación
-Facer un teatro comprometido e crítico cos temas que afectan á sociedade e ás persoas individualmente.
-Fomentar o dereito que cada persoa ten a ser respectada sen distinción da súa raza, relixión, condición social ou sexual.
-Colaborar na promoción de actos a favor da liberdade, o respecto, a igualdade e todo o que signifique progreso e benestar para as persoas e o seu entorno.
Actividades
- Escribimos, montamos e representamos obras de teatro e guiñol.
- Organizamos e impartimos obradoiros de teatro e animación para tódalas idades.
Ano 2005
- Obra de teatro "¿Para que serven os homes?" dirixida a público adulto. (a nósa obra máis solicitada. 28 representacións)
-"Match de improvisación": Xogo teatral para mozos/as de 12 a 16 anos.
-Obradoiro de teatro para maiores.
-Actividade de Animación á lectura.
-Obra de teatro "As Mendigas" de sensibilización social e medioambiental para tódolos públicos.
-Actividade extraescolar de teatro para alumnos/as de secundaria.
Ano 2006
-Obra de teatro "O cadro do espantallo" de conservación dos espacios naturais, para tódolos públicos. (11 representacións)
-Guiñol "A bruxiña da sorte" para nenos e nenas de 4 a 8 anos (9 representacións)
-Obra de teatro "Mulleres ás présas" para complementar calquera acto adicado á muller.
-Obradoiro de Teatro para Maiores.
-Obradoiro de Teatro Infantil.
Ano 2007
-Obra de teatro "Parella de damas". Como afrontan dúas mulleres as dificultades laborais.
-Obradoiro de Teatro Maiores
-Funcións de teatro e guiñol en diferentes Concellos incluidas na Rede Cultural da Deputación.
Proxectos para 2008
-Escribir e realizar un guiñol para maiores baseado na integración e a autoestima.
-Escribir e realizar un guiñol para nenos e nenas coa temática da educación medioambiental.
-Montaxe dunha nova obra teatral especialmente elixida para o día da Muller e o día contra a Violencia de Xénero onde a prioridade é reivindicar que con traballo, esforzo, e sempre que nolo propoñamos, podemos acadar unha autoestima que nos axude a obter as metas desexadas.
-Participar en certames teatrais e eventos culturais, homenaxes e charlas de temática socio-cultural.
Ti e Máis Eu Teatro
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 16 baixo
15401- Ferrol - A Coruña
Tfnos: 677 893 176 - 677 776 342
Publicar un comentario