15 Febreiro - O aturuxo de Melpomene

Compañia:
"O Aturuxo de Melpomene", (Narón)

Obra:

"Cometa, cometa..."

Autor: José L. Prieto Roca.
Direccion: José L. Prieto.

Reparto:
Abigail Montiel Cana, Antonio A. Estévez Freire, Carmen Louro Brandariz, Celia González Pico, Cris Mariño González, Eva Arias Pico, Gena Hernández Fernández, Lorena Montero Novo, Mª Isabel López Cortizas, María Veiga, Patricia Rivas Pita

Sinopse:
Comedia sobre as reaccións de 11 personaxes ante o inminente impacto dun cometa sobre o lugar onde viven. O tempo remata e as decisións que deben tomar son urxentes!.


1 comentario:

Anónimo dixo...

A ASOCIACIÓN

A asociación teatral “O Aturuxo de Melpómene” constitúese o 24 de abril do ano 2007, en Narón, por iniciativa dun grupo de 15 alumnas e alumnos da Escola de Teatro de Narón, que sentimos a necesidade de crear unha entidade propia coa principal finalidade de promover os proxectos e traballo en conxunto no ámbito teatral.

“O Aturuxo de Melpómene” e unha asociación sen ánimo de lucro, centrada específicamente no traballo teatral a través dos seguintes ámbitos:

• Ámbito de promoción e divulgación de espectáculos tetarais:
+ Creación
+ Deseño
+ Montaxe
+ Realización
• Ámbito formativo:
+ Formación Permanente: dirixida ó afianzamento e desenvolvemento das habilidades tetarais
+ Formación Específica: dirixida á adquisición de habilidades para traballos específicos
• Actividades complementarias: Todas aquelas dirixidas a promover a asociación ou a complementar as actividades a desenvolver


“Cometa, cometa…” é a primeira obra que presenta a asociación. Esta comedia teatral centrada nas peculiaridades de cada unha das personaxes, convida ós espectadores a pasear por un mundo colorido e absurdo e a vivenciar xunto a eles como enfrontar o que unha inminente catástrofe poderá influir nas súas vidas.