
O Bordelo - Grupo gañador DAE 08-09
O ciclo "Domingos a Escena" no é un simple espectáculo senón unha universidade que contribue a desmitificar, a democratiza-la cultura e mantén a firme vontade de colaborar na edificación dun país máis xusto por iso ben pode Caranza , Ferrolterra e toda Galiza , aplaudi-los esforzos e a tenacidade dos membros de Max Teatro e o patrocinio de tódalas institucións que arroupan o evento. Manter vivo o lume do teatro afeccionado é algo máis que un acto de valentía, ven a ser unha inversión en capital humano,en concienciación colectiva, porque o teatro afeccionado enraiza no pobo ,sénteo de seu, coma un fillo ó que abraza , que regresa ás súas entranas. Dicía Lorca:" O teatro é un instrumento que se lle roubou ó pobo".
Os grupos e compañías participantes ,viveiros de creatividade,sen recursos, pero capaces de convertir o humilde en sublime, capaces de darlle valor ó noso , merecen compartir con " O Bordelo" este premio e moitos máis. Todos xuntos, e non por separado, ergueremos ó teatro para liberalo definitivamente dese agridoce mel de melancolía e fatalismo co que adoitan presentalo e que tan maxistralmente nolo deixou debuxado Castelao.
E o público, ese púcaro de esencias do que todo sae e a onde todo volta, coa súa participación demostrou en Caranza aprezo, respecto e amor polo traballo de todos.
O público agradece unha aprendizaxe dinámica, aprende a correxirse mentres se divirte , como dicía Moliére, e agradece que conecten con el porque se identifica, se idealiza porque de " médico, artista e louco, todos temos un pouco".
Parabéns a todos! Que non esmoreza o lume de Caranza e sirva de exemplo e de bandeira.
Recibide os máis sinceiros aplausos de tódolos membros do grupo " O Bordelo" de Cervo , un colectivo que por moitos premios que reciba continuará sempre abordelando humildemente do carro do teatro afeccionado e da cultura en xeral onde queira que o precisen tal como leva feito dende a súa fundación hai once anos por ser ese é o seu obxectivo colectivo e o de quen isto escribe en nome de todos.
Francisco Piñeiro, autor e director do grupo.
Ficha Control Premio
Proceso de Valoración:
Á entrada do Centro Cívico para a representación de cada Domingo entregouse, a cada espectador, unha Papeleta de Valoración da Obra, con cinco casillas do 1 ao 5 na que os espectadores podían marcar a súa valoración.
Ao remate da representación, aqueles espectadores que o desexaran podían depositar a papeleta, coa súa valoración, nunha hurna disposta para tal fín.
Unha vez introducidas todas as papeletas e, coa presencia dalgún membro do grupo que representou ese día, e Max Teatro, abríase a hurna e procedíase ao reconto de votos. Ao remate do reconto emitiuse unha Acta cos resultados obtidos.
A valoración final obtívose da seguinte forma: a cantidade final de puntos obtidos (nº. de votos de cada valoración (1, 2, 3, 4 ou 5) multiplicado polo seu valor) dividiuse polo número de votantes.
- O Premio do Público concédese a aquela obra que consiga unha maior puntuación na valoración dos espectadores dos Domingos a Escena.
- O premio está dotado con 1500 €uros (mil cincocentos) e a posibilidade de presentar a obra no Teatro Jofre de Ferrol
19 Abril - Ad Libitum

Teatro Ad Libitum. (Ferrol).
Obra:
"A Mansión".
Xénero: Comedia
Duración.- 70 min.
Autor: Basada nun texto de Pilar Murillo.
Dirección.- Yuyi Bastida.
Reparto:
Ama Ines:.........Fany Salido
Berta:...............Loli Porto
Óscar:……....…José Cabana
Rodrigo:...…..Yuyi Bastida
Amelia:......Anuska González
Equipo Técnico:
Luz e son: Emilio e Carlos.
Sinopse:
No comedor dunha casa Indiana (no medio do campo) reúnense os amantes da caza, transcorren os anos 40. Chegan por turnos dúas parellas, un matrimonio e un banqueiro coa súa amante. Todos teñen ideas diferentes sobre a verdadeira razón de estar na casa.
12 Abril - Carfax Teatro

Carfax Teatro. (O Burgo-Culleredo).
“Lili Cuartel”
Xenero: Comedia
Autor: Manuel Lourenzo
Direccion: Manuel Lourenzo
Reparto:
COREOGRAFÍA: José León.
DESEÑO DE VESTIARIO: José León.
REALIZACIÓN VESTIARIO: Santos Salgado.
COORDINACIÓN: Manuel Lourenzo. Santiago Fernández.
Sinopse:
Hoxe, no comedor do BATALLÓN AL KARAGULLI, especialmente engalanado para a ocasión, o colectivo teatral CULLEREDO VARIETÉS actuará para a tropa co seu espectáculo de arte LILI CUARTEL, nun magnífico xesto de SOLIDARIDADE SEN FRONTEIRAS…