12 Abril - Carfax Teatro

Compañia:

Carfax Teatro. (O Burgo-Culleredo).
Obra:

“Lili Cuartel”

Xenero: Comedia
Duración: 50 min.

Autor: Manuel Lourenzo

Direccion: Manuel Lourenzo

Reparto:
Paco Alvarellos- Marta Leira- Carmen Barba- José león- Maruxa V. Boquete- Julia Miguel- Carmina García- Ita García- Raquel Rodríguez- Angela Granero- Anabel Vergara- Carlos Lafuente- Ana Vázquez- Cecilia Bermúdez

COREOGRAFÍA: José León.
DESEÑO DE VESTIARIO: José León.
REALIZACIÓN VESTIARIO: Santos Salgado.
COORDINACIÓN: Manuel Lourenzo. Santiago Fernández.

Sinopse:
Unha ESTRAÑA COMPAÑÍA DE VARIEDADES visita un estraño CUARTEL, nun estraño PAÍS.
Hoxe, no comedor do BATALLÓN AL KARAGULLI, especialmente engalanado para a ocasión, o colectivo teatral CULLEREDO VARIETÉS actuará para a tropa co seu espectáculo de arte LILI CUARTEL, nun magnífico xesto de SOLIDARIDADE SEN FRONTEIRAS…

2 comentarios:

DAE dixo...

Carfax Teatro naceu ao abeiro da Escola Municipal de Teatro de Culleredo rexida pola dirección do estudio Casahamlet. Debutaban no ano 2005 coa obra “A estación do vento”, baseada en textos de Alvaro Cunqueiro. Logo virían a propia “Lili Cuartel”; “O cuarto do príncipe” e “Transilvania”.

Anónimo dixo...

DIARIO DE FERROL
Ferrol Domingo 12 de Abril de 2009

Carfax Teatro presenta “Lilí Cuartel” no Centro Cívico de Caranza
REDACCIÓN > FERROL
O ciclo de teatro afeccionado Domingos a Escena conta esta tarde coa presenza, no Centro Cívico de Caranza, da compañía Carfax, procedente do Burgo (en Culleredo). Representan, a partir das sete, a obra “Lilí Cuartel”. A entrada ó espectáculo é gratuíta.
Carfax Teatro naceu ó abeiro das políticas culturais do municipio de Culleredo e está rexida polo estudo Casahamlet. Debutaron no ano 2005 coa obra “A estación do vento”, baseada en textos de Álvaro Cunqueiro, e despois achegaron producións como esta “Lilí Cuartel”, “O cuarto do príncipe” ou “Transilvania”.
A peza que representan esta tarde en Caranza conta a historia dunha compañía de variedades, Culleredo Varietés, que presenta o seu espectáculo nun cuartel dun estraño país, ante o batallón Al Karagulli. Os soldados concéntranse no seu comedor para asistir a este acto de solidariedade.
O dramaturgo e actor Manuel Lourenzo é o autor do texto e tamén se encarga da dirección desta comedia, que conta no seu elenco con máis dunha ducia de actores e que ten unha duración duns 50 minutos.