A Pombiña. (Pedroso).
Obra:
"Melocoton en Almibar"
Xenero: Comedia (120 min.)
Autor: Miguel Miura
Direccion: Gonzalo Grandall
Reparto:
SOR MARÍA--------------------------DOLORES PADÍN
NURIA----------------------------------BEATRIZ COUCE
DOÑA PILAR----------------------------VICTORIA DÍAZ
SUÁREZ------------------------RAMIRO FERNANDEZ
CARLOS-------------------------GONZALO GRANDAL
FEDEREICO-----------------------CARLOS LOMBAO
COSME (“EL NENE”)---------------PABLO LOMBAO
Sinopse:
Un grupo de atracadores se refugia en un piso alquilado después de atracar una joyería para poder curar el catarro de uno de ellos pero las cosas se complican por la curiosidad de la enfermera, que resulta ser una monja.
1 comentario:
DIARIO DE FERROL
Ferrol Sábado 4 de Abril de 2009
O grupo teatral da Pombiña estrea hoxe “Melocotón en almíbar” en Pedroso
REDACCIÓN > FERROL
Gonzalo Grandal dirixe a montaxe “Melocotón en almíbar” que hoxe mesmo se estrea no local social da sociedade cultural e recreativa A Pombiña, en Pedroso. O grupo de teatro da entidade é o encargado de dar vida á comedia escrita por Miguel Miura. Dolores Padín, Beatriz Couce, Victoria Díaz, Ramiro Fernández, Gonzalo Grandal, Carlos Lombao e Pablo Lombao forman o elenco dunha peza que presenta, durante dúas horas, a un grupo de atracadores que, logo de rouban nunha xoiería, refúxianse nun piso de aluguer. Un deles ten que curar un forte catarro pero a curiosidade dunha enfermeira comezará a complicarlles as cousas.
O grupo da Pombiña, logo de estrear na casa, poñerá a proba a nova montaxe no Centro Cívico de Caranza, xa que mañá protagonizan o ciclo Domingos a Escena. A partir das sete da tarde, e de xeito gratuíto, poderase gozar con esta nova achega e, incluso, votar por ela.
Este ano, a programación afeccionada que se desenvolve no barrio ferrolán vén con premio. Os espectadores elixen as súas pezas favoritas e a gañadora obterá 1.500 euros e a oportunidade de amosar o seu traballo no teatro Jofre. Trátase así de incentivar a participación nun ciclo que, por outra banda, goza de moi boa saúde. Por Caranza pasan as mellores compañías de teatro afeccionado de Galicia, que teñen un público fiel que sempre enche o auditorio do Centro Cívico.
A segunda parte desta tempada dos Domingos a Escena comezou o 11 de xaneiro e rematará a mediados de abril. A última representación está prevista para o día 19 deste mes e correspóndelle ó grupo ferrolán Ad Libitum, que porá en escena a obra “A mansión”.
Publicar un comentario