29 Marzo - Teatro CPI de Touro



Compañia:

Teatro do CPI de Touro. (Santiago).

Obra:
“Fabula”

Xenero:

Autor: Aula de teatro de Touro

Direccion: Aula de teatro do CPI de Touro

Reparto:
Natalia Tato Arias.
Sheila Iglesias Bragaña.
Jéssica Fernández Mosquera.
Sandra Fernández Méndez.
Arancha Fernández Mosquera.
Tamara Mecías Castro.
Irene Vaamonde Bendaña.
Iria Fernández Gil.
Fátima Mecías Castro.
Noelia Castro Fernández.
Carlos Barreiro Iglesias.
Ana Ferro Calvo.
Sara Hermida Rodríguez.
Lucía Castro Pena.
Equipo Técnico: Luz e son:
Carlos Barreiro Iglesias. Ana Ferro Calvo. Iria Fernández Gil. Noelia Castro Fernández.

Sinopse:
Espectáculo interactivo conformado por nove escenas independentes onde a hilaridade, o imprevisto e a reflexión acompañarán ao receptor. O complexo mundo das relacións sentimentais na adolescencia; os conflitos lingüísticos do século XXI entre a mocidade; a complexidade das relacións das actuais nais e pais coas súas fillas e fillos; a falta de solidariedade; as relacións por interese; as apariencias dentro desta sociedade consumista… son os eixos temáticos sobre os que se vertebra esta peza teatral pensada por e para alumn@s e público da actualidade.Un colorido mar de sensacións ateigado de harmonía, tenrura e fantasía invadirá os magoados corazóns dos protagonistas e será o anuncio da existencia doutros paraísos cargados de colorido fóra do ambiente polo que deambulan.

2 comentarios:

DAE dixo...

LA VOZ DE GALICIA
Xoves 26 de Marzo de 2009
TEATRO AFICIONADO
Escolares de Touro en los «Domingos a escena»
en Caranza
26/3/2009
El ciclo de teatro aficionado Domingos a escena lleva este fin de semana a su escenario del Centro Cívico de Caranza la obra Fábula, que pondrá sobre las tablas el Aula de Teatro de Touro. Alumnos del CPI de este municipio coruñés representarán diversas historias sobre la sociedad actual que reflejan los problemas del día a día.

DAE dixo...

DIARIO DE FERROL
Ferrol Domingo 29 de Marzo de 2009

Ferrol celebra o Día Internacional do Teatro no Centro Cívico de Caranza
REDACCIÓN > FERROL
Ferrol celebra esta tarde o Día Mundial do Teatro aproveitando os Domingos a Escena. No Centro Cívico de Caranza continúa este ciclo afeccionado. Ás sete da tarde, e con entrada gratuíta, o grupo do colexio de Touro, en Santiago, representa “Fábula”. Trátase de nove historias independentes nas que se reflexiona sobre as relacións sentimentais na adolescencia, os conflitos lingüísticos, os desencontros entre pais e fillos, a solidariedade, as apariencias na sociedade consumista ou as relacións interesadas.
Antes do comezo da representación lerase o manifesto que, con motivo do Día Mundial do Teatro (que se celebra o 27 de marzo desde 1961), escribiu o dramaturgo, escritor e director brasileiro Augusto Boal. O encargado de declamalo será un Valle-Inclán que, ó igual que ocorre coa estatua que o autor ten no madrileño Paseo de Recoletos, vestirá a súa bufanda branca.
O manifesto de Boal, quen desenvolveu o que se chama “teatro do oprimido” e foi candidato en 2008 ó Nobel da Paz, pon o acento na necesidade de que tódolos cidadáns tomemos conciencia do teatro no que transcorren as nosas propias vidas e actuemos para transformar o mundo. “As relacións humanas estrutúranse de forma teatral: o uso do espazo, a linguaxe do corpo, a elección das palabras e a modulación das voces, a confrontación e ideas e paixóns, todo o que facemos no escenario facémolo sempre nas nosas vidas: ¡nós somos teatro!”, afirma neste manifesto. Por iso “facendo teatro, aprendemos a ver aquilo que resalta ós ollos, pero que somos incapaces de ver ó estar tan habituados a miralo. O que nos é familiar convértese en invisible. Facer teatro, ó contrario, ilumina o escenario da nosa vida cotiá”.