8 Marzo - Falcatrueiros


Compañia:

"A. C. Falcatrueiros", (Monterroso)

Obra:

"Morte no garaxe"
(NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 13 ANOS)
Autor: Adaptacion libre da pelicula, "Reservoir dogs"

Direccion: Jouse Garcia.

Reparto:

Noá Mourelle …………....… Joan Cabot
Noel Ferreiro ………....…... Eddie‘O Amable’
María Pardo Rodríguez…..... Madame Branco
Isabel Sánchez……...….….. Madame Rosa
Alba Vázquez…….....……… Madame Laranxa
Verónica Pardo Fernández….Madame Rubio
Elda Cereijido ………..……. Madame Marrón
Helena López ……..…………Madame Azul
Paco Diéguez ……………………. Poli


Sinopse:
Seis mulleres, ladroas profesionais son contratadas por Joan Cabot e o seu fillo Eddie para un traballo. Elas non se coñecen entre sí e mantéñense no anonimato, agochadas baixo nome de cores: Madame Rosa, Madame Blanco, Madame Laranxa, Madame Marrón, Madame Azul e Madame Rubio. Preparan minuciosamente o roubo a unha xoiería, pero a policía aparece de súpeto no momento do atraco converténdoo nunha masacre. Todo fai sospeitar que hai unha traidora infiltrada. Reunidas a porta pechada nun vello almacén abandonado, as superviventes enfróntanse entre si tentando descubrir quén as conduciu a esta situación límite.

1 comentario:

Anónimo dixo...

DIARIO DE FERROL
Ferrol Sábado 7 de Marzo de 2009

Falcatrueiros fai a súa versión de “Reservoir Dogs” no Centro Cívico
REDACCIÓN > FERROL
O grupo de teatro da asociación cultural Falcatrueiros, de Monterroso, chega mañá ás sete ó Centro Cívico de Caranza cunha versión propia do filme de Quentin Tarantino “Reservoir Dogs”. Jouse García dirixe a un numeroso elenco de actores que representa este drama no que un pai e un fillo contratan a seis mulleres para que rouben unha xoiería. No momento do atraco chega a policía e a operación tan perfectamente planificada vénse abaixo. As supervivintes sospeitan que algúen as traizoou e comezan a súa vinganza.
Esta función, con entrada gratuíta, inclúese dentro do ciclo de teatro afeccionado Domingos a Escena, que desde hai varios anos se desenvolve cunha gran resposta popular en Caranza. Esta tempada, os espectadores están a votar a súa obra preferida.