22 Marzo - O Bordelo

Compañia:
O Bordelo. (Cervo-Lugo).
Obra:

"R.I.P. Marandaina"

Xenero: Comedia (90 min.)

Autor: Francisco Piñeiro

Direccion: Francisco Piñeiro

Reparto:

Filomena ................Dolores Viamaonte Rey
Doctora....................Mª Paz Rodríguez Silva
Reporteiro..........Antonio González- Patoso
Marcial.............................Xosé Vicente Mon
Casiano........Xosé Manuel González- Copa
Prudencio................Francisco Piñeiro Glez.
Sinopse:
Marandaina 500mg é un medicamento para reducir a febre do desequilibrio territorial que provoca un aumento irracional dalgunhas poboacións nas que a elevada hipertensión social xa provoca colapsos circulatorios, brotes endémicos de intolerancia e artrose comunicativa propia das selvas asfálticas.
R.I.P Marandaina 500mg está indicada para:
Recuperar Integramente os Pobos, especialmente o inmaterial.
-Respecto da Industria pola Paisaxe, facendo posible a simbiose.
-Recuperación Integral da Política para acadar credibilidade
-Reforma Interior das Personas intolerantes e incívicas.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Compartir unha velada teatral do grupo " O Bordelo" a ninguén deixa indiferente. Baixo a aparencia da broma espetan as verdades máis serias do mundo actual. "O Bordelo" sempre é garantía de poder aprender algo de xeito lúdico. Espero que sigan representando durante moitos anos con tanto éxito como merecen.

Águeda Mª Barcia dixo...

Esta obra, como en xeral todas as do grupo Bordelo, ademáis de ter o interese de tratar sobre unha temática actual, é moi divertida. Pásase un rato estupendo, hai que vela, merece a pena.

teatro bordelo dixo...

r Blogspot bordelo cervo para coñecer algo máis do historial e traxectoria do grupo de teatro "O Bordelo".

Anónimo dixo...

O Gº. de Tº. “O Bordelo”, nace no ano 1998 logo de varias experiencias teatrais no Auditorio de Sargadelos, integrado na Asociación Cultural “Airitos do Xunco” co fin de “abordelar” ó carro do teatro afeccionado na Mariña. Dende aquela pasaron máis de 350 actuacións espalladas por toda Galicia e polo occidente asturiano. O teatro enraizado no pobo, con temas de actualidade, é unha das claves da súa conexión co público. Tradicionalmente, “O Bordelo” agasalla a tódolos amantes do teatro cunha nova peza na tarde-noite de Reis. Deles son “Andar á comenencia”, “Cambadelas”, “Relax total” ou “O Mariñán”, entre outras, ademáis da que van pór en escea este domingo no Centro Cívico de Caranza.