19 Abril - Ad Libitum

Compañía:

Teatro Ad Libitum. (Ferrol).

Obra:

"A Mansión".


Xénero: Comedia


Duración.- 70 min.


Autor: Basada nun texto de Pilar Murillo.


Dirección.- Yuyi Bastida.


Reparto:
Ama Ines:.........Fany Salido
Berta:...............Loli Porto
Óscar:……....…José Cabana
Rodrigo:...…..Yuyi Bastida
Amelia:......Anuska González


Equipo Técnico:
Luz e son: Emilio e Carlos.
Sinopse:
No comedor dunha casa Indiana (no medio do campo) reúnense os amantes da caza, transcorren os anos 40. Chegan por turnos dúas parellas, un matrimonio e un banqueiro coa súa amante. Todos teñen ideas diferentes sobre a verdadeira razón de estar na casa.

3 comentarios:

DAE dixo...

DIARIO DE FERROL
Ferrol Sábado 18 de Abril de 2009

Domingos a Escena se cierra con la entrega del premio al mejor grupo
REDACCIÓN > FERROL
Imaxe dunha representación celebrada no mes de xaneiro
Coincidiendo con la última sesión de la temporada de Domingos a Escena, este fin de semana, se dará a conocer al grupo ganador de esta novena edición, elegido entre más de 4.200 espectadores del ciclo. En total se han representado en el centro cívico de Caranza 26 obras desde el pasado 21 de septiembre.
Será Teatro ad Libitum, la agrupación local de la que partió la iniciativa de organizar este ciclo de teatro, la encargada de cerrarlo -eso sí, fuera de concurso- con la puesta en escena de la pieza “A Mansión”.
La concejala de Cultura, Mercedes Carbajales, explicó que en la votación para elegir al mejor grupo participaron el 72,5% de las 5.800 personas que acudieron a las diferentes representaciones. El premio consistirá en 1.500 euros y la oportunidad de poner en escena la obra vencedora en el teatro Jofre el próximo 7 de junio.
Por lo que se refiere a la actuación del domingo de Teatro ad Libitum, Carbajales señaló que la obra se representará el domingo a las siete de la tarde en el centro cívico de Caranza, con entrada libre. “A Mansión” está dirigida por Yuyi Bastida en base a un texto de Pilar Murillo. Se trata de una comedia protagonizada por Fany Salido, Loli Porto, José Cabana, Anuska González y el propio Yuyi Bastida. La historia arranca en una casa indiana donde se reúnen varios amantes de la caza. La acción dicurre en los años 40 y a esta mansión llegan por turnos dos parejas, un matrimonio y un banquero con su amante.
Se cierra con esta representación un ciclo que se inició con “Que viene mi marido”, de la compañía Obradoiro de Teatro de Mugardos.

DAE dixo...

¡Última Función do IX Ciclo de "Domingos a Escena 2008-2009"!

O vindeiro Domingo, día 19, ás 19:00h. rematará o IX Ciclo de Domingos a Escena 2008-2009 coa representación da obra: "A MANSIÓN", un texto de Pilar Murillo, adaptado e traducido por Yuyi Bastida e levada a escena polo Grupo de Teatro "AD LÍBITUM", da Asociación Teatral "MAX Teatro" de Ferrol. Esta obra non concursará no PREMIO DO PÚBLICO dado que a Asociación MAX Teatro é a organizadora do Ciclo.

* Ao remate desta función darase a coñecer a obra gañadora do "PREMIO DO PÚBLICO" O Premio levarao aquela obra que acadara mais puntos na votación que, ao remate de cada representación, os epectadores lle otorgaron.

Por este ciclo pasaron 27 Grupos de Teatro de toda Galicia: 6 de Ferrol, 7 do resto da comarca de Ferrol, 8 do resto da provincia da Coruña, 4 da provincia de Lugo, 1 de Carballiño (Ourense) e 1 de Coia (Vigo).

Os 216 espectadores que tivo de media este Ciclo puideron disfrutar de obras de distintos autores como: Arniches, Woody Allen, Shakespeare, Mihura, Buero Ballejo, Manuel Masdías, Roberto Vidal Bolaño, Manuel Lourenzo, José Luis Prieto e outros textos dos propios membros dos grupos.

DAE dixo...

GABINETE DE PRENSA DO CONCELLO DE FERROL
Máis de 4.200 espectadores elixen ao grupo gañador da IX edición do ciclo de teatro Domingos a Escena
• A edil Mercedes Carbajales destaca que votaron o 72% das 5.800 persoas que acudiron en total ás 26 representacións
• O Concello dará a coñecer ao vencedor durante a última sesión, esta fin de semana a cargo de “Teatro Ad Libitum”

Ferrol, 17 de abril de 2009.-

Máis de 4.200 espectadores elixiron ao grupo gañador da IX edición do ciclo de teatro afeccionado “Domingos a Escena”, posto en marcha o pasado 21 de setembro e que supuxo a representación de 26 obras no Centro Civíco de Caranza. Así o anunciaba esta mañá a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, quen avanzou que o departamento que dirixe dará a coñecer o nome do vencedor esta fin de semana durante a última sesión da tempada, a cargo do colectivo do que partiu a iniciativa, a agrupación local “Teatro Ad Libitum” que, fóra de concurso, porá en escena a peza “A Mansión”. Deste xeito, a edil destacaba que votaron arredor do 72,5% das 5.800 persoas que acudiron en total ás diferentes actuacións. Mais tamén lembrou que o galardón, incorporado pola Concellería de Cultura nesta novena andaina, está dotado con 1.500 euros e a oportunidade de representar a obra gañadora no Teatro Jofre o vindeiro día 7 de xuño.

Xa polo miúdo, e con respecto á actuación de “Teatro Ad Libitum”, Mercedes Carbajales explicou que terá lugar o domingo ás sete da tarde con entrada libre e gratuíta para todas aquelas persoas que se queiran achegar ata o Centro Cívico do barrio de Caranza. Así pois, baixo a dirección de Yuyi Bastida e baseada nun texto de Pilar Murillo, “A Mansión” é unha comedia protagonizada por Fany Salido, Loli Porto, José Cabana, Anuska González e o propio Yuyi Bastida. E en relación ao argumento, no comedor dunha casa indiana, ubicada no medio do campo, reúnense varios amantes da caza. Transcorren os anos corenta. Á mansión chegan por turnos dúas parellas, un matrimonio e un banqueiro coa súa amante. Pero todos teñen ideas diferentes sobre a verdadeira razón de estar na casa.

Así mesmo, cómpre recordar que “Domingos a Escena” arrancaba coa obra “Que viene mi marido” da “Compañía Obradoiro de Teatro” de Mugardos. A primeira fase do ciclo remataba o 21 de decembro e supuxo a posta en escena de 14 obras de teatro de compañías procedentes de toda Galicia. Mentres, a segunda e última fase desta novena edición, que contou coa participación de 12 agrupacións, comezaba o 11 de xaneiro coa obra “A retirada de Napoleón” e remataba o pasado domingo con “Lili Cuartel”, a cargo de “Carfax Teatro” de Culleredo.