Presentación
Premio do Publico DAE XI
¡Gañador do Premio do Público!
Ao remate da representación da obra ARTE-f de Teatro Ad Líbitum a Concelleira de Cultura, Dona Mercedes Carbajales, despois de agradecer aos espectadores a súa constante asistencia a este ciclo, o cal debe asegurar a continuidade do mesmo, en anos sucesivos, deu a coñecer o Obra que resultou gañadora, dacordo coas puntuacións que foron outorgando, cada Domingo, os espectadores.
Por este ciclo pasaron 6600 espectadores.
E a obra que resultou gañadora é:
"Ao son dos novos", de Bety Couce
representada polo Grupo de Teatro A POMBIÑA de Pedroso. Que xa foi o gañador do ano pasado.
O Diploma acreditativo do premio entregaráselle na función do vindeiro Domingo 24, no Teatro Jofre.
Dado que as Bases do Premio especifican"que ningún grupo poderá representar no Teatro Jofre dous anos consecutivos", co fin de que polo Teatro Jofre poidan pasar o maior número posible dos grupos participantes. Por este motivo a obra que se representará no Teatro Jofre, será a que quedou en segundo lugar. Esta foi:
"O espello do prestamista", de Francisco Piñeiro
representada polo Grupo de Teatro O BORDELO de Cervo (Lugo)
Esta é a clasificación final:

Y esta é, a valoracion final do publico para cada grupo:
Esperamos que a nova corporación que salga das Eleccións de Maio, siga apostando polos Domingos a Escena. Asi que, ¡Ata o vindeiro ciclo!
2 comentarios:
Felicidades al ganador del premio al publico.
O grupo de teatro A pombiña queremos agradecer este premio a todos os que o fixeron posible, (público, organizadores, concello...)asimesmo queremos abdicar este recoñecemento a todos os compañeiros que, ao igual que nos,dedican o seu tempo libre o teatro aficionado.
UN SAUDO
Publicar un comentario