1 Abril – UT_Tópico Teatro



DATA.-Domingo 1, Abril 2012
HORA:19:00 h.
OBRA:"Baile de sombras"
XENERO:Drama
AUTOR: Fran Godón Davila
DIRECCIÓN: UT-Tópico.
DURACION: 60 min.
GRUPO: "UT-Topico Teatro" , (Santiago)
Reparto:             
                MANUELA LESTÓN NOCEDA             
                NOELIA IGLESIAS IGLESIAS
Sinopse:
En canto a temática e argumento a obra xira arredor da "esencia" das relacións humanas que aparecen nas situacións de dependencia, cando o ser humano se ve inserido nunha arañeira pegañenta e ben tecida que fai agroma-lo mellor e o peor de cada un. A realidade non parece tal, os elementos perden ou varían o seu valor, a vida muda de regras.
O mundo humano é a suma da percepción sensorial e o funcionamento cerebral: memoria e imaxinación. A vida é pasado, unha suma de situacións vitais e mentais que, modificados no cerebro en forma de recordos, constitúen o que somos e o que ofrecemos. Non somos máis ca iso pois o futuro non se ve e o presente xorde da súa conversión automática en pasado. Adáptanse eses recordos á maneira do individuo, ben de forma interna ou ben por estímulos alleos provocando unha positividade ou negatividade neles que contribúen a converter á persoa nunha entidade complexa. Non somos máis ca unha falsidade, unha modificación, voluntaria ou non, duns sucesos percibidos.
Neste sistema dual de sentidos e mente a máis mínima variación ou fricción pode facer tremer tódolos piares da grande obra, ben sexa iniciada na percepción ou ben no procesado da información. Desta posibilidade xorde o presente espectáculo. No espazo unha actriz vida a menos, antiga diva case non recordada que conta as súas memorias de cor sepia a unha estraña asistenta. Falan, relaciónanse, actúan entre elas pero que? por que? as preguntas van aparecendo ó tempo que a realidade se vai clarificando. A partir de aí…

Ningún comentario: