VIII Mostra de Teatro Afeccionado - Concello de Sada

CONCELLARÍA DE CULTURA, XUVENTUDE E OCIO.
CONCELLO DE SADA.
VIII MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO.


Ola a todos e todas.
Desde a Concellaría de Cultura, Xuventude e Ocio do Concello de Sada queremos presentarvos as Bases da convocatoria da VIII Mostra de Teatro Afeccionado de Sada.
Este ano, certas dificultades económicas retrasaron a aprobación destas bases, pero finalmente, e con significativas variacións con respecto á proposta da Mostra en edicións anteriores, podemos comunicarvos que, felizmente, a nosa cita co Teatro Afeccionado mantén a súa continuidade.

Axuntámosvos as bases nas que se explica o funcionamento da Mostra e as condicións de participación, así como un modelo de inscrición.

Queremos sinalar que este ano teredes unha marxe de tempo bastante curta para presentar a solicitude de participación, polo que habilitamos esta conta de correo como vía oficial de formalización de inscricións: poderedes usar o correo postal, como sempre, ou ben enviarnos a esta conta de correo toda a documentación necesaria.

Do mesmo xeito, a gravación das vosas obras para ser visualizadas polo Comité Seleccionador poderedes enviala por correo electrónico, ou ben facilitarnos un enlace onde poidamos acceder a elas.

A vos, MAX, tendo en conta a grande experiencia que acumulades co “Domingos a escena”, e a posibilidade de que teñades unha lista de contactos de compañías de teatro amador considerable, agradeceríamos toda a axuda que nos poidades dar para difundir a realización desta Mostra a quenes poidese interesar.
Moitas gracias de antemán pola vosa axuda e polo voso traballo a favor do Teatro.

Agardando que esta información sexa do voso interese, quedamos á vosa disposición para resolver calquera dúbida que queirades consultar.
Recibide un cordial saúdo.


tlf: 627 474 709
Concellería de Cultura.
Concello de Sada.

Ningún comentario: